Santiago - axenda xoves 9 e dous cortes de trafico


12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, sobre asuntos da súa area.

12.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira María Castelao exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.


12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

Verán na rúa
19:30 Praza da Quintana
GRUPO ELECTRÓGENO
“Comedia circense”
Arxentina. Circo, acrobacias e malabares. A partir de 3 anos
Os gañadores de Festiclown 2009 cun espectáculo de circo moi variado e de altísimo nivel cun ritmo trepidante que non ten un só momento de descanso
22:30 Praza de Cervantes
Curtocircuito na rúa
Programa: Feito en España

Corte de tráfico no vial situado
entre as rúas Manuel Beiras e Antón Fraguas

Por mor das tarefas de desmontaxe e retirada dun andamio é preciso cortar á circulación o vial ubicado entre a rúa Manuel Beiras e a avenida de Antón Fraguas os días 7, 8 e 9 de agosto.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.


Corte de tráfico na rúa de Santiago del Estero

Por mor da colocación dun guindastre é preciso cortar á circulación a rúa de Santiago del Estero este xoves, 9 de agosto, e o venres 10. Permitirase o acceso ao estacionamento da Praza Roxa e aos garaxes da zona.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.



Ningún comentario: