O punto de atención ao peregrino do Milladoiro
recibiu a máis de 1.300 camiñantes en dous meses
A capela da Madalena acolle
este punto de atención polo que pasaron en xuño e xullo máis
dun milleiro de peregrinos chegados desde diferentes puntos da
xeografía española e tamén de Europa, como Reino Unido ou
Alemaña.
Este punto de atención está
aberto ao público de martes a domingo, en horario de 9:00 a
13:00 horas. Na capela, os visitantes reciben información de
utilidade sobre o Camiño Portugués, a chegada a Santiago de
Compostela ou sobre a historia do Milladoiro e da propia
igrexa.
Máis de 1.3000 camiñantes
foron atendidos durante os meses de xuño e agosto no punto de
atención ao peregrino situado na capela da Madalena do
Milladoiro. Este punto de atención, no que se sela a
credencial dos peregrinos e se ofrece información de interese
aos camiñantes, depende da parroquia de San José e está
organizado en colaboración entre a Delegación pastoral de
peregrinacións, a Arquidiocese de Santiago de Compostela, a
Xunta de Galicia, a Confraría da Madalena e o Concello de
Ames.
Nos últimos dous meses, Pablo,
o responsable deste punto de información, atendeu a 1.300
peregrinos e peregrinas que elixiron o Camiño Portugués para
chegar a Santiago de Compostela. A maioría destes camiñantes
procedían de diferentes puntos da xeografía española. Entre os
estranxeiros, a maioría procedían de Portugal, Reino Unido e
Alemaña. Con todo, o responsable deste punto de información
subliña que ao Milladoiro chegan persoas procedentes de todos os
recunchos do mundo, xa que recibiu a camiñantes do Xapón,
Sudáfrica ou Sudamérica.
O punto de atención ao
peregrino do Milladoiro está aberto ao público de martes a
domingo, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Na Capela, os
visitantes reciben información de utilidade sobre o Camiño
Portugués, a chegada a Santiago de Compostela ou sobre a
historia do Milladoiro e da propia igrexa. Os peregrinos e
peregrinas tamén poden deixar as súas impresións sobre a ruta
xacobea nun libro de visitas, no que tamén se recollen desexos e
impresións dos camiñantes. Nas follas deste libro pódense ler as
mensaxes dos camiñantes escritas en diferentes idiomas, como
inglés, portugués, alemán ou xaponés.
Dúas rutas por Ames
Ames conta con dúas rutas de
peregrinación que discorren polo municipio: o histórico camiño
de Fisterra-Muxía e o lendario Camiño Portugués. Esta segunda
ruta entra por Raíces para seguir por Agrela. O seguinte punto é
O Milladoiro. A teoría máis aceptada acerca da orixe do seu nome
é a que fai referencia á súa procedencia do termo latino
humillatorium, que logo derivou en humilladoiro, e servía para
denominar os diferentes puntos das rutas xacobeas situadas nos
arredores da cidade de Santiago de Compostela. Estes lugares, os
humilladoiros, eran dende onde os peregrinos e as peregrinas
vían por primeira vez as torres da catedral e se puñan de
xeonllos en sinal de humildade e agradecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario