As piscinas municipais de Silleda e da Bandeira celebran hoxe sábado unha xornada de portas abertas
A entrada será gratuita e haberá actividades, xogos e unha merenda para os máis pequenos/as
A programación de actividades da Concellería de
Deportes, que dirixe Klaus Brey, continúa mañá sábado día 11 nas piscinas
municipais de Silleda e da Bandeira, cunha xornada de portas abertas. A cita,
con entrada gratuita, terá lugar entre as 16.00 e as 20.00 horas. Haberá diversos
xogos para disfrute de pequenos e maiores, así coma unha merendola para os
cativos e cativas que se acheguen nesta xornada ás instalacións municipais.
Así mesmo,
o sábado día 1 de setembro, a Concellería de Deportes organiza un roteiro entre
a Fervenza do Toxa (en Pazos) ata Carboeiro. Este roteiro pola senda do Deza
inclúe unha comida en Carboeiro, con visita ao monasterio románico e a
celebración de xogos populares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario