A xira do grupo arxentino Chimango recala en Silleda o vindeiro mércores día 8 de agosto
-A Concellería de Cultura trae á banda, cun traballo no que colaboraron Manu Chao e Tonino Carotone, entre outros, e que será presentardo ás 22.00 horas na praza da Feira Vella
Pablo Pascuale, (Bos Aires 1976), é a alma mater da
banda. Afincado en Barcelona, iniciouse no mundo da música coa banda Tribilin,
e o disco El principio del fin, con
letras combativas e un estilo punk rock. Logo de tres anos, inicia carreira en
solitario co traballo titulado Multitrack
Lunar. As súas inquedanzas lévano ata Barcelona, onde inicia o proxecto The
Armario, entre acordeóns franceses e guitarras xitanas do gótico, combinadas
con percusións cubanas. Dende o ano 2007 a formación é habitual nos bares do barrio
gótico da Ciutat Vella de Barcelona. Agora Pascuale vólcase coa súa banda na
rúban en Donde el diablo perdió el poncho, o seu terceiro disco no que tamén se
deixa seducir por estilo coma o reggae. Esta actuación, coa que colabora a
Concellería de Cultura, vén a supoñer unha nova oferta lúdica e cultural para
os veciños e visitantes que se atopan nestas datas na localidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario