Fundación Araguaney - presentación do libro "Carné de Identidade"


Presentación do libro "Carné de identidade" de Darwish na Fundación Araguaney Santiago de Compostela, Hoxe xoves 09 de Agosto, Natalja Dudek, das Edicións Barbantesa, e Moncho Iglesias, tradutor, presentarán a primeira tradución a galego do libro de Mahmud Darwix "Carné de identidade" en Santiago de Compostela. 

O acto será ás 20,00 h da tarde na Fundación Araguaney. Con máis de trinta libros publicados, a maioría en verso, Mahmud Darwix foi un dos poetas palestinos máis relevantes. A súa obra repasa a historia de Palestina, á vez que o autor recorda que a pesar da difícil situación do país, el ten nacionalidade: é árabe. Mahmud Darwix morreu en 2008, deixando un gran legado poético que, por primeira vez, ve a luz en galego nesta tradución de Moncho Iglesias e Samar Sabat editada por Barbantesa. Moncho Iglesias naceu en Vigo en 1974. É xornalista, escritor e tradutor. Reside en Palestina, onde ensina lingua española na Universidade de An-Najah en Nablus. Cada ano, leva a cabo nos territorios palestinos ocupados unha mostra do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, organizado dende hai dez anos pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

Ningún comentario: