A XIII Xuntanda de Bandas de Música
preséntase como a cita máis musical do 'Verán Cultural' de Ordes
A Banda de Amigos da Música de Ordes
e a Banda Municipal de Boiro atrouxeron hoxe ata a Casa da Cultura a un público
chegado de toda a comarca e de distintos puntos de Santiago e A Coruña
Tal e como se esperaba a XIII Xuntanza de Bandas de
Música celebrada hoxe no Concello de Ordes gozou dunha gran acollida por parte
dos veciños e veciñas do municipio. E é que cada ano o número de de asistentes
aumenta nesta cita musical da cal se
pode desfrutar de balde e que en Ordes se coñece coloquialmente como O Día das
Bandas. Incluso hai que fdestacar a chegada de asistentes doutros puntos non só
da comarca senón do tamén do Concello de Santiago e A Coruña. E todo elo a
pesar de que o bo tempo non quiso acompañar nesta cita, polo que o concerto
tivo que trasladarse ata o auditorio da Casa da Cultura, descartando o
pasarrúas e a súa celebración na Alameda tal e o como se tiña previsto nun
principio.
Este ano as
bandas participantes foron a Banda Amigos da Música de Ordes e a Banda
Municipal de Boiro. Precisamente esta última foi a encargada de abrir o
concerto co pasodoble 'Evocación', seguido por 'Concerto de Amore' e a obra
para solista 'Memory', interpretada ó bombardino por Antón Fernández.
'Amerland' e 'Muiñeira dos pendellos' foron as pezas coas que pecharon a súa
intervención os 25 integrantes desta banda dirixida por David Lojo.
A Banda
Amigos da Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad, iniciou e pechou a súa intervención tamén a
ritmo dos pasodobles 'Calpe' e Alvite, respectivamente. Precisamente neste
último, caracterizado polo acompañamento de gaitas que conleva, respirouse un
dos momentos máis emotivos de toda a sesión que levantou un gran aplauso.
'Virginia', 'El barberillo de Lavapiés', 'Magic Slides' e 'A Feiticeira' foron
as restantes pezas interpretadas para un abarrotado auditorio.
Maxia da man de 'Don Gelati'
O Día das
Bandas é unha actividade englobada dentro do programa Verán Cultural,
organizado polo Concello de Ordes. Seguindo con él mañá será o turno da comedia
máxica 'Don Gelati'. Interpretada por Dani García nela nárranxe as peripecias
deste peculiar xeadeiro co seu vehículo, un auto que o poñerá en máis dun
apreto do cal tratará de sair do xeito máis inxenioso.

Ningún comentario:
Publicar un comentario