A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia
programa concertos en diferentes lugares de Santiago
A
Orquestra de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais actuará o 12 de xuño no
Teatro Principal
A
recadación será destinada á Cociña Económica de Santiago
ofrecerán este días de
xuño un ciclo de concertos en diferentes lugares singulares de Santiago. A
iniciativa, chamada “A Escola na cidade”, inclúe un concerto da orquestra de
cámara no Teatro Principal e seis concertos de cámara no Hostal dos Reis
Católicos, na igrexa da Universidade, no Paraninfo e no Centro Galego de Arte
Contemporánea. O ciclo é froito da colaboración entre o Concello e o Consorcio
de Santiago, co apoio da USC, o CGAC e o Hostal dos Reis Católicos.
A inauguración
correrá a cargo da Orquetra de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais, que
baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave, interpretará as tres sinfonías que
Haydn compuxo en 1761 e que levan o sobrenome de “A mañá”, o mediodía” e “A
tarde”.
Ademais, os días
13, 15, 19 e 20 de xuño haberá concertos de cámara, nos que os alumnos
agrúpanse en cuartetos e quintetos para interpretar un amplo repertorio, tanto
clásico como contemporáneo, en lugares singulares da cidade En total tocaranse
17 pezas.
A entrada oa
concerto do Teatro Principal supón unha aportación voluntaria de 3, 5 ou 10
euros. A entrada aos concertos de cámara será libre, aínda que tamén se poderá
realizar unha aportación voluntaria de 3 euros. Toda a recadación será
destinada á Cociña Económica de Santiago.
A Escola de Altos
Estudos Musicais de Galicia é un centro de educación musical xestionado polo
Consorcio de Santiago para a formación e perfeccionamento de futuros
profesionais galegos da música clásica, así como a organización de diferentes
actividades de divulgación musical. Dende o pasado ano 2011, imparte o Curso
Avanzado de Práctica Orquestral, recoñecido oficialmente como estudo de
posgrao, con título propio expedido pola Universidade de Santiago. Os músicos
da Real Filharmonía de Galicia son profesores na Escola, de modo que orquestra
e escola forman un proxecto conxunto, único no territorio español, ao estilo
das “academias de orquestra”, máis frecuentes no ámbito saxón.
A ESCOLA NA CIDADE
ORQUESTRA DE CÁMARA DA ESCOLA DE ALTOS ESTUDOS MUSICAIS DE GALICIA
Maximino Zumalave, director
Martes 12 de xuño, 20:30h.
Teatro Principal. Santiago de Compostela
F. J. Haydn, Sinfonía núm. 6 en Re maior “Le Matin” (A mañá)
Sinfonía núm. 7 en Do maior “Le Midi” (O mediodía)
Sinfonía núm. 8 en Sol maior “Le soir” (A tarde)
GRUPOS DE CÁMARA DA ESCOLA DE ALTOS ESTUDOS MUSICAIS DE GALICIA
Mércores 13 de xuño, 19:00h
- Hostal dos Reis Católicos
Quinteto de cordas
Antonin Dvorák, Quinteto núm. 2 en Sol maior, op. 77
Mércores 13 de xuño, 20:30h
- Igrexa da Universidade
Cuarteto de cordas
Wolfgang Amadeus Mozart, Adagio e Fuga en do menor
Dimitri Schostakovich, Cuarteto núm. 7
Quinteto de ventos
Samuel Scheidt, Canzon núm. 30
Victor Ewald, Quinteto núm. 1
Malcolm Arnold, Quinteto
Venres 15 de xuño, 20:30 h -
Paraninfo da Universidade
Quinteto de cordas
Antonin Dvorák, Quinteto núm. 2 en Sol maior op. 77
Trío de violín, viola e piano
Wolfgang Amadeus Mozart, Sinfonía concertante en Mi bemol maior
Martes 19 de xuño, 19:00h -
Hostal dos Reis Católicos
Quinteto de ventos
Samuel Scheidt, Canzon núm. 30
Victor Ewald, Quinteto núm. 1
Malcolm Arnold, Quinteto
Martes 19 de xuño, 20:30h -
Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC
Violín e percusión
Paul Landsky, Hop
Quinteto de ventos
Samuel Barber, Summer Music, op. 31.
Paul Hindemith, Kleine Kammermusik núm. 2, op.
24
Luciano Berio, Opus Number Zoo
Mércores 20 de xuño, 20:30h
- Igrexa da Universidade
Quinteto de ventos
Carl Nielsen, Quinteto op. 43
Cuarteto de cordas
Franz Joseph Haydn,
Cuarteto núm. 3, op. 33
Ningún comentario:
Publicar un comentario