A INTERVENCIÓN ADVIRTE QUE NO 2011 HOUBO MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS DE GASTO SEN CONTABILIZAR
Nun informe sobre a liquidación dos Orzamentos de 2011, o interventor confirma que o Concello de Ordes ten unha débeda de máis de 10 millóns de euros, perto de 800 euros por habitante
O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro alertou da
existencia dun informe da intervención municipal que “confirma a existencia de máis dun millón de euros de gasto que non se
contabilizaron nos Orzamentos de 2011, o que fai sospeitar da existencia de
gastos de difícil xustificación por parte do alcalde e o seu goberno”
Gonzalo Castro salientou que “o informe da intervención municipal advirte do total incumprimento do
Plan de Saneamento aprobado pola Corporación en 2009 e da existencia dunha débeda acumulada de máis de 10 millóns de
euros, perto de 800 euros por habitante, situando a Ordes como un dos
concellos galegos máis endebedados.”
O portavoz municipal do BNG, manifestou que “este informe da intervención municipal, que
forma parte da liquidación da Conta Xeral de 2011 ven a evidenciar, unha vez
máis, a existencia dunha xestión caótica por parte do alcalde e o seu goberno,
co estrago de recursos públicos de forma absolutamente irresponsábel, e o que é
peor sen que se teñan mellorado os servizos públicos do noso Concello, se non
todo o contrario”.
Castro preguntouse “que xestión se está a facer por parte
do alcalde en Ordes se cada día aumenta máis a débeda, mentres vemos como
empeoran os servizos púbicos no noso concello?, en que se está gastando esta
cantidade inxente de diñeiro?”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario