Brión - gañadores do IV Brionatura de fotografía




O BRIONÉS PABLO CONDE FERREIRA, GAÑADOR DO 
IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BRIONATURA 2012

Nesta edición presentáronse un total de 93 fotografías de 38 concursantes, das que se escolleron 12 finalistas que están expostas no centro social polivalente


 O brionés Pablo Conde Ferreira, coa súa obra “Roteiro misterioso” (Forxán), foi o gañador da cuarta edición do Concurso de Fotografía Brionatura 2012, que este ano estivo adicado aos sendeiros de Brión. Un premio consistente nunha cea, noite de hotel, almorzo e circuito termal no Hotel Balneario de Compostela para dúas persoas que lle foi entregado pola concelleira de Cultura, Patricia Vázquez Lamas.

Patricia Vázquez destacou “a alta participación deste cuarto concurso, con 38 aspirantes e 93 fotografías presentadas, o cal dificultou moito o labor do xurado debido á gran calidade das imaxes”. E é que esta cuarta edición é a que rexistrou un maior número de participantes, fronte á media de setenta fotografías rexistradas en anos anteriores. Uns concursntes procedentes non só de Brión senón tamén de concellos como Ames, Teo, Santiago de Compostela, Pontecesures, Lousame, Porriño e A Estrada.

Se o primeiro premio foi para un fotógrafo local, o segundo recaeu en Agustín Iglesias Otero, de Lousame, pola súa obra “Auga, afluente da mesma natureza”, imaxe tirada na aldea de Vilas (Bastavales). Iglesias Otero levou unha cea, noite de hotel e almorzo no Hotel Casa Rosalía para dúas persoas.

Finalistas

O xurado tamén elixíu outras dez fotografías finalistas que, canda as dúas gañadoras, poden visitarse nunha exposición no centro social polivalente de Pedrouzos. Todos eles levaron diploma acreditativo e un abono para a piscina municipal de Brión cortesía de Aquafit Gestión, que inclúe matrícula e unha mensualidade.

Os outros 10 finalistas foron: Rafael Arroyo Muñiz (Brión), Manuel Jesús Lojo Formoso (Ames), Pablo Conde Ferreira (Brión), Laura Cunqueiro Suárez (Brión), Juan Manuel Vidal Seage (Pontecesures), Jesús García Otero (Brión), Gerardo Martínez Feijoo (Brión), Ana Lucía Sánchez Vázquez (Brión), Sonia Sánchez Cabarcos (Brión) e Rosana Calvo Diéguez (Santiago).

Ningún comentario: