Abonada
a totalidade das facturas a provedores do Concello de Ames
emitidas
antes do 31 de decembro de 2011
A
contía pagada ascende a 1.520.656,53 euros e correspóndese con
577
facturas. O pago levouse a cabo a través da operación de
préstamo
concertada con Banesto
O Concello de Ames xa abonou
o importe total da operación de
endebedamento para o pago de facturas a provedores emitidas
antes do
31 de decembro de 2011. A contía abonada ascende a
1.520.656,53
euros e correspóndese con 577 facturas. O pago levouse a cabo
a
través da operación de préstamo concertada con Banesto, a
entidade
bancaria designada polo Goberno central ao concello amiense.
Esta
operación bancaria,
avalada polo plan de axuste municipal, aprobouse o
pasado día 15 de
maio en pleno extraordinario da corporación, cos votos
a
favor
do
grupo
do
Partido
Popular,
mentres
que
a
oposición
votou
en
contra.
Deste
xeito,
a
operación
de endebedamento a longo prazo permítelle
ao Concello
de
Ames
afrontar
os
pagos
pendentes
cos provedores e,
ao mesmo
tempo,
seguir
prestando
servizos.
Con esta operación, o Concello comprométese a devolver
o importe
nun prazo de dez anos, con dous de carencia, o que
implica que nos
dous primeiros exercicios só se abonarán os intereses.
O
Concello de Ames destaca que o abono das facturas
suporá un alivio
para os provedores e que, ante a complicada situación
económica
actual, a súa intención é seguir traballando para
mellorar a
situación de pagos a provedores. Estas actuacións
enmárcanse no
obxectivo prioritario do Concello de Ames de procurar
solucións
áxiles e concretas ante a crítica situación económica
que estamos
a vivir.
Este
mecanismo de financiamento está contemplado no Real Decreto-Lei
4/2012 de 14 de febreiro, polo que se determinan obrigacións de
información e procedementos necesarios para establecer un
mecanismo
de financiamento para o pagamento aos provedores das entidades
locais.
O
acceso a este financiamento levaba aparellada a
obrigación por parte
do Concello de aprobar un plan de axuste, que xa foi
ratificado polo
pleno o pasado 29 de marzo. A
elaboración
deste
plan
de
axuste
veu
motivada
pola
crítica
situación
económica
herdada
polo
actual
Goberno
municipal.
Posteriormente, o Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas
valorou favorablemente este documento, permitíndolle
ao Concello
concertar a operación de préstamo a longo prazo polo
importe das
obrigacións pendentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario