Preocupación
de Ames Novo pola aplicación das taxas dos comedores escolares no curso
2012-2013
Na semana pasada as familias
usuarias dos comedores recibiron a notificación da admisión das nenas e nenos
nos distintos servizos complementarios, e tamén cal sería cota que lle
correspondería pagar. Bastantes persoas están poñéndose en contacto con nós
interesándose tanto polos problemas da valoración económica das familias, como
pola sorpresa da elevada cota que lles corresponde.
Esta mañá Ames Novo
presentou un escrito solicitando a información do número de inscritos en cada
modalidade de servizo e as cotas que lles correspondería pagar. O obxectivo é
analizar os datos e saber como lle afecta as familias de cara avaliar medidas
de prevención de posibles inxustizas ou baixas de matrículas nos comedores.
Esta tarde o Grupo municipal
de Ames Novo manterá unha reunión coas ANPA do centros educativos de Ames para
abordar o tema. Formularémoslle a proposta de establecer unha mesa de diálogo
goberno – ANPA - grupos da oposición, para avaliar con datos firmes de que
xeito pode afectar aos servizos educativos complementarios o novo sistema de
taxas.
Na reunión tamén se tratarán
outros temas como a posibilidade de crear un banco de libros e un sistema de
doazón e préstamo de libros unha vez rematada a gratuidade dos libros
escolares; a importancia de constituír unha fórmula de diálogo permanente coa
comunidade educativa a nivel municipal; o problema da convocatoria e resolución
das axudas de material escolar ás familias con dificultades económicas e as
ANPA, sen resolver cando xa remata o curso; e tamén os problemas dos
equipamentos escolares no Milladoiro (instituto e CEIP).
Ningún comentario:
Publicar un comentario