Venres 15
9.00 h
No Hostal dos Reis
Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo
organizado por Fórum Europa no que actúa como ponente a conselleira de Facenda,
Elena Muñoz.
11.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo
municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do
Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o novo xeneral xefe da
Garda Civil en Galicia,
José María Feliz Cadenas.
12.30 h
Na Cidade da Cultura,
o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición Gallaecia Petrea.
12.30 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda,
Cecilia Sierra, para presentar os orzamentos.
12.30 h
Na explanada de
Salgueiriños, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, inaugura a VI Xira
Galega Karting.
19.00 h
No Auditorio de Galicia,
o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Educación, Rebeca
Domínguez, asiste ao festival de fin de curso da Escola Municipal de Música.
20.00 h
I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia
No pavillón da Universidade, os concelleiros
Adrián Varela, Paula Prado e Amelia
González , asisten ao acto de inauguración dos I Xogos
Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia.
20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto dos Grupos de Cámara da EAEM
(Quinteto de cordas / Trío de violín, viola e piano) dentro do ciclo 'A Escola
na Cidade'.
21.00 h
No Teatro
Principal , Sarabela Teatro presenta 'Tango' dirixida por
Ánxeles Cuña Bóveda. Con Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Sabela
Gago, Lino Braxe, Fernando Dacosta e Nate Borrajo.
SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
(Dende as 08:00 h do día 13 xuño ata as
08:00 h do día 14 xuño)
ACCIDENTES
Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes na cidade:
- Ás 09.30 horas, na rotonda de Pontepedriña entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 15.10 horas, na rotonda de Conxo entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
INTERVENCIÓNS
- Ás 09.25 horas acódese á rúa Basquiños, ao café-bar Leis, en cuxo interior faleceu unha persoa. Faise cargoa
Policía Nacional.
- Ás 17.45 horas practícase unha alcoholemia con resultado positivo na rúa República de Arxentina. Instrúense dilixencias.
- Ás 20.35 horas, unha persoa fai entrega a dous axentes de dous sobres que conteñen escudos e pesetas e que apareceron no seu buzón. Inícianse dilixencias.
- Ás 22.15 horas na zona da Muíña sorpréndese a dúas persoas subtraendo material de obra (forxados).
- Ás 0.40 horas, na ruela das Ánimas, identifícanse unhas 40 persoas que se encontraban consumindo bebidas na vía pública.
AUXILIOS
-Ás 11.15 horas, na rúa de San Pedro, auxíliase a unha persoa que se atopa tendida na beirarrúa e cunha ferida nunha cella. Solicítase unha ambulancia do 061 que a traslada ao Hospital Clínico.
Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes na cidade:
- Ás 09.30 horas, na rotonda de Pontepedriña entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 15.10 horas, na rotonda de Conxo entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
INTERVENCIÓNS
- Ás 09.25 horas acódese á rúa Basquiños, ao café-bar Leis, en cuxo interior faleceu unha persoa. Faise cargo
- Ás 17.45 horas practícase unha alcoholemia con resultado positivo na rúa República de Arxentina. Instrúense dilixencias.
- Ás 20.35 horas, unha persoa fai entrega a dous axentes de dous sobres que conteñen escudos e pesetas e que apareceron no seu buzón. Inícianse dilixencias.
- Ás 22.15 horas na zona da Muíña sorpréndese a dúas persoas subtraendo material de obra (forxados).
- Ás 0.40 horas, na ruela das Ánimas, identifícanse unhas 40 persoas que se encontraban consumindo bebidas na vía pública.
AUXILIOS
-Ás 11.15 horas, na rúa de San Pedro, auxíliase a unha persoa que se atopa tendida na beirarrúa e cunha ferida nunha cella. Solicítase unha ambulancia do 061 que a traslada ao Hospital Clínico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario