DIEGO CALVO E XOSÉ LUÍS GARCÍA
INAUGURAN EN BRIÓN A EXPOSICIÓN DO V PREMIO INTERNACIONAL DE ARTE
GRÁFICO JESÚS NÚÑEZ
A mostra consta de 30
gravados seleccionados no certame e poderá visitarse na sala de exposicións ata
o 27 de xuño
O alcalde de Brión, Xosé Luís García, e o
presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, inaugurarán hoxe ás 21:00 horas, a exposición do V Premio Internacional de Arte Gráfico
Jesús Núñez, que organiza a Deputación Provincial da Coruña. Unha inauguración
que terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e na que estarán
acompañados por Patricia Vázquez Lamas, concelleira de Cultura, e por Jesús
Núñez Fernández, presidente da Fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa
Contemporánea de Betanzos).
A exposición consta de 30 gravados de artistas nacionais e internacionais
seleccionados no certame. Poderá visitarse do 15 ao 27 de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario