Arredor
de 100 persoas asistiron á representación de Luces de
Tolemia do
grupo de teatro do Hospital psiquiátrico de Conxo
Esta
mesma obra de teatro representarase na Casa da Cultura do
Milladoiro
o próximo martes, 19 de xuño, ás 18:30 horas. Esta peza
teatral
será de balde. Poderase acceder ao auditorio da Casa da
Cultura do
Milladoiro ata completar aforo.
A
Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este martes a obra de
teatro
Luces
de Tolemia,
que está representando o grupo de teatro do Hospital
psiquiátrico
de Conxo por toda a comarca de Santiago de Compostela. A
esta
representación asistiron arredor de 40 veciños e veciñas
amienses,
entre os que se atopaban a concelleira de Cultura, María
Eugenia
Martín, o concelleiro de Deportes e Tempo Libre, Manuel
Ferreiro, a
concelleira de Xuventude, María González, e o concelleiro do
grupo
municipal popular Alfonso Rey. Esta mesma obra
representarase na Casa
da Cultura do Milladoiro o próximo martes, 19 de xuño, ás
18:30
horas. Esta peza teatral será de balde. Poderase acceder ao
auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro ata completar
aforo.
A
programación teatral do mes de xuño comezou este martes 12
de xuño
coa representación de Luces
de Tolemia
a cargo do grupo de teatro do Hospital psiquiátrico de
Conxo. Esta
obra baséase no texto Luces
de bohemia
de Ramón María del Valle-Inclán, publicado en 1920 e
revisado e
reeditado en 1924. Esta obra non se estreou en España ata
1970.
Luces
de bohemia é
unha das pezas máis importantes do autor e con ela
Valle-Inclán
inaugura un novo xénero teatral denominado esperpento.
O reparto de Luces de Tolemia está composto por María Castro, José María Varela, Samantha Romero, Joaquín López, Susana Amor, Almudena González, Isaura Blanco, Manuel Varela, Isabel Outeiral, Carmen Cabrera e Fernando Botana. A dramaturxia e dirección corre a cargo de Lucas Herrador, mentres que da produción encargáronse La Caixa e o Hospital psiquiátrico de Conxo. Como axudantes de dirección traballaron Susana Mirás, Teresa Santos e José Luis Seoane (terapeutas ocupacionais). Esta mesma obra de teatro será representada o martes 19 de xuño, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.
O reparto de Luces de Tolemia está composto por María Castro, José María Varela, Samantha Romero, Joaquín López, Susana Amor, Almudena González, Isaura Blanco, Manuel Varela, Isabel Outeiral, Carmen Cabrera e Fernando Botana. A dramaturxia e dirección corre a cargo de Lucas Herrador, mentres que da produción encargáronse La Caixa e o Hospital psiquiátrico de Conxo. Como axudantes de dirección traballaron Susana Mirás, Teresa Santos e José Luis Seoane (terapeutas ocupacionais). Esta mesma obra de teatro será representada o martes 19 de xuño, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.
O
director da obra de teatro, Lucas Herrador, indicou que
“cada vez
que se inicia un proxecto teatral é conveniente preguntarse
por que
queres representar esa obra de teatro e non outra. Nós con
esta
adaptación, máis que libre, de Luces
de Bohemia,
queremos dar uns apuntamentos sobre a sociedade actual. A
misión da
arte é mostrar as carencias, acertos e debilidades que temos
os
seres humanos, Luces
de Tolemia,
é unha boa escusa para iso. Previo á obra achéganse uns
apuntamentos sobre a vida de Valle-Inclán”.
Lucas
Herrador tamén quixo agradecer o traballo de todas as persoas
que
participan nesta obra de teatro. “Foi para min un pracer
traballar
todo este tempo no psiquiátrico. Penso que a arte dramática
válelle
á persoa para responsabilizarse nun proxecto común, superar
dificultades, melloras habilidades sociais, aumentar a súa
autoestima, sacar a actitude crítica. Quizais xente máis
estudosa
que eu poida completar a lista, pola miña banda creo que non
son
poucas cousas e estas e outras moitas, conseguímolas a través
dos
anos. Non con todos, pero si cun bo número de persoas. Moitas
grazas
a todos os que me permitiron formar parte deste proxecto”
apuntou
Herrador.


Ningún comentario:
Publicar un comentario