Será hoxe, martes 12 de xuño, ás 21.30h na Zona “C”
Os
lucenses Holywater protagonizan o concerto de presentación da Romaría Pop
- Ofrecerán o seu rock nun concerto no que estarán compañados polos tamén lucenses Mullet que fan música bizarre
- As entradas, 7€
anticipada e 10€ o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro
Principal, na Reixa Tenda e na billeteira da Zona “C”
Holywater, rockeiros lucenses, ofrecen hoxe
un concerto na Zona “C” co que se presenta a Romaría Pop, que se celebra o
sábado 16 de 13.00 a 23.00h. O cocnerto de hoxe, que comezará ás 21.30h contará
tamén coa música bizarre dos lucenses Mullet. As entradas poden mercarse xa na
billeteira do Teatro Principal e na Reixa Tenda, ademais de na billeteira da
propia Zona “C”.
Escoitar un disco de Holywater é como ver
un documental de animais salvaxes. Pero non un deses aburridos documentais
cunha voz en off que nos leva ao soño, senón máis ben un en verdadeiro 3D, en
pantalla xigante e alta definición co que poder observar con todo detalle a
axilidade dos movementos dos depredadores, a crueza coa que se lanzan a por as
súas vítimas, coa pantalla protexéndonos dunhas vermellas salpicaduras. Un
disco que levado ao directo faranos sentir en plena sabana, en metade da
carreira do león, e aí si que non teremos protección posible.
A música de Mullet non se rixe por ningún criterio
concreto. A música de Mullet non se rixe por ningún criterio abstracto. A
música de Mullet non se rixe, a Deus grazas. Tocan todos os paos que se deixan
tocar e fan, en definitiva, o que lles ven en gana: o que lles enche e o que
lles valeira. Por iso en Mullet non hai roles, so casio. E xúbilo, que nunca
falte o xúbilo.
Romaría Pop
Ningún comentario:
Publicar un comentario