Un total de 37 nenos/as están admitidos no campamento urbano de verán que se desenvolverá na Aula da Natureza
Dende este venres, 15 de xuño, pola mañá xa están expostas as listas provisionais de admitidos no campamento urbano de verán. Todos os rapaces e rapazas están admitidos neste campamento e non haberá que realizar sorteo.
As listas pódense consultar nos taboleiros oficiais da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas Oficinas Xerais do Milladoiro. Entre o 25 de xuño e o 5 de xullo haberá que formalizar a matrícula para participar nesta actividade.
A
Concellaría de Medio Ambiente deseñou un campamento pensado
para as
tardes de parte do mes de xullo. Trátase dunha iniciativa
pioneira
no municipio, que se levará a cabo entre os días 9 e 20 de
xullo e
na que poden participar rapaces de entre 6 e 14 anos. O
Concello pon
en marcha este campamento, chamado Tardes ao Natural, pensando
nas
demandas dos veciños e veciñas amienses, que veñen solicitando
a
posibilidade de que se fixesen actividades para os máis novos
nas
tardes do verán. O campamento desenvolverase na Aula da
Natureza, en
horario de 16.30 a 20.00 horas.
Rematado
o prazo de preinscrición, a partir deste venres, 15 de xuño,
pódense consultar as listas provisionais de admitidos no
campamento
urbano. Todos os rapaces e rapazas están admitidos neste
campamento
e non haberá que realizar sorteo. As listas pódense consultar
nos
taboleiros oficiais da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas
Oficinas Xerais do Milladoiro. As listas definitivas estarán
expostas nos mesmos lugares o día 20 de xuño.
Entre
o 25 de xuño e o 5 de xullo haberá que formalizar a matrícula
para
o campamento urbano de verán. O impreso de matrícula, que se
pode
descargar na sección de AVISOS da páxina web municipal, haberá
que
cumprimentalo e entregalo na oficina municipal do Milladoiro,
en
horario de 09:00 a 14:00 horas, ou no Rexistro Xeral do
Concello,
situado en Bertamiráns, no mesmo horario que no caso anterior,
xunto
co resto de documentación que figura nas bases.
Servizo
de autobús
Para
facilitar a asistencia dos rapaces e darlles maior
comodidade aos
pais e nais, o Concello habilitará un servizo de autobuses
que
trasladará os participantes ata a Aula da Natureza e que os
levará
de volta ao remataren as actividades.
Durante as xornadas do campamento urbano, os nenos e nenas poderán realizar multitude de actividades. Por exemplo, aprenderán a elaborar xabóns, papel reciclado, e técnicas de supervivencia na natureza. Iniciaranse na química, farán teares e aprenderán sobre herbas medicinais. Ademais, levarán a cabo actividades relacionadas coa elaboración de candeas, feltreado e maquetas. Adquirirán coñecementos sobre a fauna e flora do río, as cunchas, a astronomía, a horticultura... Para favorecer o contacto dos rapaces co aire libre, tamén se desenvolverán xogos populares, xincanas e grandes xogos. O campamento urbano rematará cunha festa para os e as participantes.

ampliar calquera outra información, as persoas interesadas
poden
empregar os correos electrónicos auladanatureza@concellodeames.org
ou medioambiente@concellodeames.org
ou os teléfonos 660 004 665 e 662 377 544.
Ningún comentario:
Publicar un comentario