O Goberno amiense cualifica de “lamentables e demagóxicas” as manifestacións do PSOE sobre as contas de 2012, que están practicamente pechadas
O Executivo non entende as críticas dos socialistas, e en especial, do seu voceiro, José Miñones, que está a actuar con absoluta demagoxia cando coñece perfectamente cal é a situación na que se atopaba o Concello cando os socialistas remataron o seu mandato.
O actual Goberno lembra que nos últimos anos os socialistas gobernaron con orzamentos prorrogados, unha cuestión que noutros momentos non lles parecía criticable.
A intención do Executivo amiense é presentar unhas contas reais e non ficticias. A misión é reconducir de forma correcta a caótica situación económica que se atopou o Goberno amiense nada máis tomar posesión. Nos últimos meses, un conxunto de situacións extraordinarias fixeron que os servizos económicos do Concello tiveran que establecer unha serie de prioridades co obxectivo de manter e conseguir novos recursos.
O Goberno amiense cualifica de lamentables as manifestacións do
grupo municipal do PSOE e, en especial, do seu voceiro, José
Miñones, que está a actuar con absoluta demagoxia con respecto
aos
orzamentos municipais cando coñece perfectamente cal é a
situación
na que se atopaba o Concello cando remataron o seu mandato. O
actual
Executivo non entende as críticas dos socialistas, que nos
últimos
anos gobernaron con orzamentos prorrogados, unha cuestión que
noutros momentos non lles parecía criticable.
Actualmente,
os orzamentos municipais correspondentes a 2012 están
practicamente
finalizados e á espera de introducir os últimos axustes. A
intención do Executivo amiense é presentar unhas contas reais e
non
ficticias. As de 2012 son as primeiras contas elaboradas polo
actual
Goberno e se non se presentaron con anterioridade foi debido a
motivos de prioridade na xestión económica que tiñan como
obxectivo manter e conseguir novos recursos. A misión é
reconducir
de forma correcta a caótica situación económica que se atopou o
Goberno amiense nada máis tomar posesión.
Neste
sentido, é preciso
lembrar que o actual Executivo de Ames tivo que facer fronte a
numerosos inconvenientes e reconducir a situación do Concello,
que
os socialistas deixaron arruinado debido á súa nefasta xestión.
Así, nos primeiros meses do seu mandato tivo que levar a cabo as
xestións precisas para asegurar a transferencia de 400.000 euros
que
o Concello de Ames recibe mensualmente como participación nos
tributos do Estado. Ademais, o Goberno tamén conseguiu liquidar
as
contas de 2010 dentro do exercicio 2011, algo que se fixo por
primeira vez en Ames desde 2002. A recondución desta caótica
situación, permitiu ao Concello seguir prestando servizos e
pagando
salarios, algo que doutro xeito sería moi complicado.
Nos
últimos meses, foi preciso elaborar un plan de axuste que veu
motivado directamente polos desequilibrios que provocou o
derroche e
a irresponsabilidade que caracterizou a xestión do anterior
Goberno
socialista. Tamén se implantou por primeira vez a progresividade
nas
taxas dos servizos de conciliación, que permite que os que teñen
máis paguen máis en favor dos que están a pasar un peor momento
económico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario