AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE TEO DESPIDEN AOS
CATIVOS DE TRES ANOS
Máis de oitenta nenos e nenas participaron no
acto de despedida das aulas de tres anos das Escolas Infantís Municipais de
Teo. Foi unha festa de graduación na que recibiron cadanseu diploma de recordo
do seu paso polas escolas infantís, xa que no vindeiro curso iniciarán os seus
estudos do segundo grao de infantil.
A festa tivo lugar na Casa Común de Oza e contou coa asistencia do
concelleiro de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal, Ignacio
Iglesias. Para amenizar a celebración, actuaron o grupo ‘Os Tres Tenedores’ e a
nanocontista Raquel Quinzás.
Por outra parte, o Concello lembra que ata o vindeiro 15 de xuño está
aberto o prazo para formalizar as matrículas nas tres escolas infantís
municipais (Calo, A Ramallosa e Os Tilos) para o vindeiro curso 2012-2013.

Ningún comentario:
Publicar un comentario