O
Concello de Ames xa ten preparado o programa da Festa da
Natureza
O
venres 29 de xuño realizarase na Aula da Natureza a
actividade Noite
de estrelas, na
que se farán observacións astronómicas co Club Vega de
Astronomía.
Para
o domingo 1 de xullo queda a celebración da Festa da
Natureza que se
desenvolverá na Praia fluvial de Tapia. As actividades
comezarán ás
11:00 horas cunha andaina circular ambiental polas beiras do
río
Tambre e polo lugar de Oca.
Ás 13:00 horas
realizarase unha inspección da fauna e flora do río Tambre a
través
do Proxecto Ríos que desenvolve a Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galicia (ADEGA).
Pola
tarde, ás 16:00 horas realizarase un acto para conmemorar o
Día
Internacional do Medio Ambiente. Para iso realizarase unha
solta de
alevíns de troitas autóctonas cedidas pola Sociedade de Caza
e
Pesca Azor de Ames. Ás 16:30 h está previsto que se realice
un
obradoiro ambiental.
O Concello de Ames está desenvolvendo ao longo deste mes
diversas
actividade para conmemorar o Día Internacional do Medio
Ambiente,
que se celebrou o pasado 5 de xuño, co obxectivo de poñer en
valor
o noso medio. Este programa de actividades péchase coa
celebración
da Festa da Natureza, que se desenvolverá o domingo 1 de
xuño na
Praia fluvial de Tapia. Esta previsto que se realice unha
andaina
ambiental polas beiras do río Tambre, unha inspección da
fauna e
flora do río Tambre a través do Proxecto Ríos que desenvolve
ADEGA, unha solta de alevíns de troitas autóctonas e
obradoiros
ambientais. Ademais, o venres 29 de xuño desenvolverase a Noite
de estrelas na
Aula
da Natureza na que se farán observacións astronómicas co
Club Vega de Astronomía.
O
pasado 5 de xuño celebrouse o Día Internacional do Medio
Ambiente.
Con motivo desta celebración o Concello de Ames, a través da
Concellaría de Medio Ambiente, preparou un amplo programa de
actividades para conmemorar esta efeméride durante todo o mes
de
xuño. O propio día 5 de xuño o alumnado de 2 a 3 anos da
escola
infantil do Bosque de Bertamiráns participou nunha actividade
de
recuperación ambiental. Alí plantaron varios castiñeiros que
tiñan
no xardín da gardería. A comezos de curso sementaron varias
castañas que xermolaron e comezaron a medrar nestes últimos
meses
converténdose en pequenas árbores.
Posteriormente,
o
8 de xuño os alumnos/as do máster de
Biodiversidade
e conservación do medio natural da Universidade de Santiago de
Compostela participaron nunha sesión de prácticas na Aula da
Natureza de Ames. Estas prácticas enmarcáronse dentro das clases
interactivas da materia de Biodiversidade e conservación de
macrobentos das augas continentais (sistemas acuáticos). O
alumnado
recolleu mostras en varios regatos nos concellos da Serra de
Outes e
Ames (en Augapesada e Riamontes), para posteriormente analizar a
composición dos macrobentos nas instalacións da Aula da
Natureza.
Esta actividade estivo coordinada entre o profesor da USC,
Marcos A.
González, e a coordinadora da Aula da Natureza.
Ademais,
o próximo 19 de xuño un grupo de 50 alumnos/as de primeiro e
segundo de Educación Primaria do CEIP de Barouta
participarán
nunha andaina polas beiras do río Tambre e nun obradoiro
ambiental
que se desenvolverá na Aula da Natureza. Para pechar a
programación
de actividades ambientais coa que se conmemora o Día
Internacional
do Medio Ambiente o Concello de Ames elaborou un programa
específico
para a última fin se semana deste mes. Estas actividades
comezarán
o venres 29 de xuño coa Noite
de estrelas
que se desenvolverá na Aula da Natureza.
A
partir das 21:00 horas os membros do Club
Vega de Astronomía impartiran unha charla para que todos
os
participantes coñezan as observacións e os astros que se
poderán
ver durante esa noite. Ademais, coñecerán como se emprega
un
planisferio. No momento que xa sexa noite comezarán as
observacións
astronómicas. Estas observacións realizaranse na Aula da
Natureza.
Recoméndase que todas as persoas que participen nesta
actividade
leven unha pequena lanterna e roupa de abrigo. A Noite
de estrelas
está aberta a todos os públicos.
Festa
da Natureza
Para
o domingo 1 de xullo queda a celebración fa Festa da Natureza
que se
desenvolverá na Praia fluvial de Tapia. As actividades
comezarán ás
11:00 horas cunha andaina circular ambiental polas beiras do
río
Tambre e polo lugar de Oca. Todas as persoas que desexen
asistir a
esta andaina deben estar ás 11:00 h no aparcamento da Praia
fluvial
de Tapia. Esta andaina, que ten unha dificultade baixa, está
dirixida a todos os públicos, tanto para nenos/as coma para
adultos.
Calcúlase que o percorrido terá unha duración aproximada de
dúas
horas. Recoméndase levar roupa cómoda e calzado apto para
camiñar.
Ás
13:00 horas comezará unha inspección da fauna e flora do río
Tambre a través do Proxecto Ríos que desenvolve a Asociación
para
a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). A través desta
actividade
realizarase unha análise de varios parámetros da flora e fauna
do
río, que determinan o estado de conservación da canle e das
marxes
do devandito río. Unha das análises que se realizará será para
comprobar a vexetación das ribeiras do río, as árbores que hai
na
contorna de Tapia e as especies invertebradas que viven na
auga deste
río. Segundo a presencia/ausencia de determinadas especies
determinarase a calidade do medio nesta zona.
Tralo
desenvolvemento destas dúas actividades farase un descanso
para
xantar. Entre as 14:30 h e as 16:00 h todos os participantes
terán
tempo para xantar na área recreativa de Tapia. Cada persoa
deberá
levar a súa propia comida.
Pola
tarde, ás 16:00 horas realizarase un acto para conmemorar o
Día
Internacional do Medio Ambiente, que se celebrou o pasado 5 de
xuño.
Para iso realizarase unha solta de alevíns de troitas
autóctonas
cedidas pola Sociedade de Caza e Pesca Azor de Ames. Media
hora
despois, ás 16:30 h, está previsto que se desenvolva un
obradoiro
ambiental no que os participantes coñecerán alternativas a
produtos
tóxicos do fogar. Por exemplo, elaboraranse insecticidas
biolóxicos.
Este obradoiro desenvolverase ata as 18:30 horas
aproximadamente.
Ademais, durante todo o día haberá postos de artesanía,
comercio
local e comercio xusto.
Para
ampliar calquera outra información sobre estas actividades
poden
poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo
electrónico auladanatureza@concellodeames.org
ou chamando ao número de teléfono 660 004 665.

Ningún comentario:
Publicar un comentario