Santiago - cortes de tráfico na Gracia e na rúa Poza de Bar


ASUNTO: Corte de tráfico na rúa Poza de Bar   


Con motivo da realización de obras de abastecemento de auga e saneamento da gardería sita na avenida das Burgas cortarase ao tráfico a rúa Poza de Bar o sábado 16 de xuño durante todo o día. Permitirase o paso aos garaxes e residentes.
Os desvíos para Noia faranse por Rosalía de Castro ou Figueiras, e o acceso a San Lourenzo farase polo Campus.


O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

  
ASUNTO: corte de tráfico na Gracia por mor das festas


A Concellería de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico informa que, con motivo da Romaría da Gracia o vindeiro sábado 16 de xuño, e a petición da asociación organizadora da mesma, terán lugar as seguintes modificacións no tráfico:

  • Dende as 9.00 do sábado 16 ata as 9.00 do domingo 17 quedará pechada ao tráfico a vía que une o Polígono do Tambre (vía La Cierva) co lugar de San Silvestre.
  • No mesmo horario tamén quedará cortada a vía que vai ao lugar da Escadiña.
  • Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar. 

Ningún comentario: