A oferta do campamento de verán conta con lista de
agarda ao cubrirse xa as 75 prazas en Silleda
-Dende a Concellería de Educación anímase a formalizar a inscrición, tendo en conta que acostuma a haber cambios nas matrículas. O prazo remata o venres día 15
-Nas instalacións da Bandeira aínda quedan prazas libres
O vindeiro venres día 15 de xuño remata o prazo para as inscricións nos campamentos de verán, dirixidos a alumnos/as con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Aínda que hoxe xa se completaron as prazas dispoñibles (un total de 75 en Silleda), dende a Concellería de Educación, que dirixe Matías Rodríguez, anímase aos pais e titores a formalizar igualmente a inscrición (as admisións son por orde de chegada), xa que nestas actividades acostuma a haber cambios que posibilitan a entrada de máis usuarios.
Onde aínda quedan prazas libres e nas instalacións do CEIP da Bandeira. O horario das actividades será, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. O campamento iniciarase o 22 de xuño e rematará o día 7 de setembro.
O campamento incluirá diversas actividades lúdico educativas. Así, ademais de sesións de reforzo dos contidos escolares, a oferta inclúe manualidades, xogos en inglés, xincanas, actividades multideporte, xogos temáticos, piscina, animación á lectura, xogos populares, sesións de ciencia divertida, de cociña e tamén pequenas saídas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario