Rocío Liñares Fernández é a persoa seleccionada
para a bolsa da oficina de turismo
-As posibles alegacións ao proceso de selección poden
formalizarse ata as 12.00 horas do mércores día 13 no Rexistro Municipal
O proceso
de selección para un bolseiro/a da oficina de turismo de Silleda, logo da
subvención por parte do Organismo Autónomo Rías Baixas, vén de rematar hoxe coa
resolución do tribunal, logo de que o pasado venres se celebraran as
entrevistas personais. Dos 15 solicitantes admitidos no proceso, presentáronse
ás probas un total de 9.
Logo de revisar as puntuacións obtidas, o tribunal propuxo a
Rocío Liñares Fernández para ocupar a praza de bolseira na oficina de turismo.
O seu traballo comezaría previsiblemente o vindeiro venres día 15, e
continuaría por un período máximo de 6 meses. Dende a Concellería de Turismo,
que dirixe Matías Rodríguez da Torre, prevese que a persoa seleccionada compatibilice
a xestión das dependencias do mosteiro de Carboeiro coa dinamización de
paquetes turísticos e a xestión da oficina municipal de turismo.
Ademais dos méritos académicos, que puntuaban ata un máximo
do 60%, o proceso contou coa realización da proba oral sobre coñecementos dos
recursos turísticos de Silleda (ata o 40% da nota) e a confección dun paquete
turístico. Matías Rodríguez destaca a transparencia coa que se levou a cabo o proceso de selección. O listado coas
puntuacións das nove aspirantes está dende hoxe dispoñible na web municipal e
no taboleiro da Casa do Concello. As posibles alegacións, poderán presentarse
ata as 14.00 horas do vindeiro mércores día 13 de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario