Frades - o S.E. Abellá ascende a primeira autonómica


O S.E. ABELLÁ ASCENDE A PRIMEIRA AUTONÓMICA

13 de xuño de 2012.- O S.E. Abellá vén de conseguir o ascenso á Primeira Autonómica, logo de impoñerse no segundo partido da liguiña de ascenso, disputado este domingo no campo de fútbol de Elviña (A Coruña). Destte xeito, o conxunto de Frades impúxose nos dous encontros da liguiña de ascenso, que se disputou a un único partido diante do Cultural Maniños e do Oza Xuvenil, polo que conseguíu o tan desexado ascenso directo a Primeira Autonómica.


Os dous goles de Iván e Cacho déronlle ao SE Abellá a primeira victoria, conseguida no seu propio campo en Frades diante do Cultural Maniños (2-1) o pasado domingo 3 de xuño. Esa victoria permitiu que un novo triunfo, nesta ocasión como visitantes ante o Oza Juvenil (A Coruña) por 0-2 lles permitira acadar o ascenso á Primeira Autonómica. Nese partido decisivo, os goles foron de Quinto e Cacho.

Ata o campo de fútbol de Elviña desprazouse unha numerosa expedición de afeccionados fradenses, encabezados pola directiva da Santo Estebo de Abellá SDC e polo alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño.

Ningún comentario: