Santiago - axenda martes 12 e actuacións policía local


Martes 12

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co rexedor de Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato Galego Alevín de Verán de Natación, organizado polo Club Natación Cidade de Santiago e a Federación Galega de Natación.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.  

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, para presentar a Semana Europea da Música.


12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e de Guillerme Fernández e Xabier Díaz de aCadaCanto para presentar o concerto que darán o mércores no Principal e no que presentarán o seu primeiro traballo, dentro do ciclo 'Íntimo&Acústico'.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa, Javier Sánchez-Agustino.

20.00 h
No Salón Vermello, recepción aos participantes no IX Foro Internacional de Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior.

20.30 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao concerto da Orquestra de Cámara da Escola de Altos estudos Musicais co que se inaugura o ciclo 'A Escola na Cidade'. Sinfonías de Haydn. (A beneficio da Cociña Económica)

21.30 h
Na Zona "C", concerto de presentación da Romaría Pop con Holywater (Lugo, rock) + Mullet (Lugo, bizarre)

Xefatura do Corpo

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA  LOCAL
(Dende as 08:00 h do día 10 xuño ata as 08:00 h do día 11 xuño)

ACCIDENTES

Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou UN accidente na cidade:

- Ás 18.20 horas, na Avenida Camilo José Cela, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.

INTERVENCIÓNS

-Á 01.00, practícase alcoholemia ao condutor dun turismo que bota resultado POSITIVO. Instrúense dilixencias.

AUXILIOS

-Ás 14.30 horas, na praza de Belvís, compróbase que unha persoa se encontra tirada na cociña dunha casa. Pásase aviso a bombeiros, que acceden pola ventá, sendo asistida posteriormente por unha ambulancia do 061 que a traslada á Rosaleda. Tratábase dun home de 92 anos que vive só.

Ningún comentario: