O
CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS GRATUÍTOS DE NATACIÓN
VERÁN 2012
O prazo de solicitude remata o 27 de xuño e
os únicos requisitos son cubrir a folla de inscrición e ter o carné de abonado
da piscina
O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de natación
Verán 2012, uns cursos gratuítos que se impartirán na piscina municipal de
Sigüeiro entre o 2 e o 28 de xullo. A iniciativa está dirixida tanto a nenos de
4 a 16 anos, como a adultos, que deberán anotarse nas oficinas do complexo
deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro (981 92 79 01) antes do 27 de xuño.
O Concello de Oroso estableceu un horario matutino para as
clases de natación para os nenos, concretamente de luns a venres de 11:00 a
13:30 horas, e para os adultos, de luns a venres a partir das 20:20 horas. Os
únicos requisitos para participar nestes cursos de natación son ter tramitado o
carné de abonado da piscina e cubrir a correspondente folla de inscrición.
Carné abonado
A piscina municipal de Sigüeiro está aberta ao público
dende o pasado 8 de xuño, en horario de once da mañá ata as nove da tarde. Para
obter o carné de abonado, os solicitantes poden descargar os impresos ben na
web municipal ben no complexo deportivo Juanito Amigo. Os prezos dos carnés son
de 24 euros (de 4 a 16 anos) e de 32 euros (maiores de 16 anos). Os veciños
empadroados en Oroso terán un desconto de sete euros, polo que a tarifa é de 17
euros (de 4 a 16 anos) e de 25 euros (maiores de 16 anos). Así mesmo, haberá
descontos para familias numerosas. O prezo das entradas é de 1,5 euros (de 4 a
16 anos) e 2 euros (maiores de 16 anos).
O Concello de Oroso ofrece a posibilidade de facer a
solicitude e o pago das cuotas on-line a través da páxina web municipal (www.concelloooroso.com), aínda que
para aqueles veciños que non dispoñan de acceso a Internet tamén poderán
xestionar a súa inscrición a través das oficinas do centro deportivo Juanito
Amigo. Durante o pasado ano, a piscina municipal de Sigüeiro contou con case
400 abonados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario