Arrinca a Semana Gastronómica
Mexicana no Caney cunha ampla carta de pratos típicos de México
O Restaurante Caney do Hotel Eurostars Araguaney de
Santiago xa loce un look inspirado en México. As distintas estancias do
restaurante estarán decoradas, ao longo desta semana, cos típicos chapeus,
banderitas e detalles inspirados no lugar das rancheiras por excelencia.
Ata o sábado 16 de Xuño o Caney
celebra, un ano máis, a súa Semana Gastronómica Mexicana. Para iso, o equipo do
restaurante, con Pedro Lestón ao mando dos fogóns, ofrecerá aos seus clientes
unha ampla oferta de pratos mexicanos entre os que non faltan o guacamole, as
enchiladas, as quesadillas, o mole poblano ou o huachinango veracruzano.
Primeiros, segundos e sobremesas inspiradas nas receitas máis típicas de
México.
E para os que desexen probar
varios pratos, está dispoñible un Menú Degustación a 20 euros composto por
ceviche, guacamole, enchilada, lagostinos do diaño, mole poblano de polo e
cajeta de piña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario