Ames
presenta as obras de mellora de accesibilidade da Casa da
Cultura de Bertamiráns ao concurso Actuacións Accesibles,
organizado pola Fundación ONCE e COAM
O Concello de Ames vén de
presentar ao concurso Actuacións Accesibles, organizado pola
Fundación Once en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos
de Madrid (COAM), as obras de mellora da accesibilidade da Casa
da Cultura de Bertamiráns. A convocatoria Actuacións Accesibles
ten como obxectivo elixir as obras de arquitectura e enxeñería
nas que a accesibilidade fose tratada de xeito exemplar, máis
alá do cumprimento normativo. Esta iniciativa pretende demostrar
que se poden deseñar edificios de calquera tipoloxía baixo
parámetros de deseño para todos.
Ames presentou a esta
convocatoria as obras para a eliminación de barreiras
arquitectónicas e a mellora da accesibilidade da Casa da Cultura
de Bertamiráns, situada na Praza de Chavián e que non só se
emprega para actividades socio-culturais, senón tamén como
centro para a xuventude e a terceira idade. Estes traballos
amosan a preocupación do Concello para favorecer a igualdade de
oportunidades e a non discriminación á hora de do acceso dos
cidadáns aos bens e servizos do contorno amiense e no que se
refire á eliminación de barreiras arquitectónicas.
No concurso de Actuacións
Accesibles establécense tres categorías de premios. O primeiro
está dotado con 5.000 euros; o segundo, con 2.500, e o terceiro,
con 1.250 euros. O comité de selección do concurso estará
integrado por dous arquitectos de recoñecido prestixio nacional
e internacional, Gabriel Allende e Izaskun Chinchilla, e tres
personalidades de recoñecido prestixio das entidades de persoas
con discapacidade. As actuacións seleccionadas, que serán un
máximo de 12, daranse a coñecer o vindeiro 29 de xuño. As obras
elixidas formarán parte dunha publicación, que será editada en
soporte papel e dixital.
Traballos no interior e no
exterior
As obras leváronse a cabo tanto no exterior como no interior da Casa da Cultura. Deste xeito, fóra do inmoble creouse unha nova praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e cambiouse o itinerario de acceso desde o aparcamento ata a entrada do edificio, modificando a beirarrúa e a rampla de acceso. Alí, cambiouse a pendente, que se reduciu adaptándoa á normativa e dotouse de franxas de textura especial e color distinto ao do pavimento.
As obras leváronse a cabo tanto no exterior como no interior da Casa da Cultura. Deste xeito, fóra do inmoble creouse unha nova praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e cambiouse o itinerario de acceso desde o aparcamento ata a entrada do edificio, modificando a beirarrúa e a rampla de acceso. Alí, cambiouse a pendente, que se reduciu adaptándoa á normativa e dotouse de franxas de textura especial e color distinto ao do pavimento.
Tamén se realizaron
modificacións significativas nas escaleiras de acceso á Casa da
Cultura, que presentaban varandas inadecuadas e distintas
dimensións de pegada e tabica. Estas e outras deficiencias
motivaron que se fixeran de novo as tres escaleiras,
establecendo novos chanzos, cambiando o pavimento por outro
especial sinalizador con franxas de textura especial e colocando
novas varandas de aceiro inoxidable con pasamáns a dobre altura,
a cada lado da escaleira. Na escaleira principal, modificouse o
seu deseño, eliminando a zona de encontro en ángulo, de xeito
que cada tramo quedou independente do outro. No novo tramo
frontal, con anchura superior a tres metros, colocouse, ademais
das varandas laterais, unha intermedia (con pasamáns a dobre
altura e zócalo por ambos lados), situada en liña co eixe das
portas de acceso, coa fin de manter os espazos definidos polas
portas de saída e favorecer a evacuación.
Cambiáronse tamén as portas de
saída e as que conforman o vestíbulo, nas que se colocou un
zocalo inferior de protección a base de chapa de aluminio verde,
novos tiradores e franxas sinalizadoras de dobre altura sobre os
vidros con vinilos de cor verde. No acceso lateral, na entrada á
cafetería, instalouse unha nova porta de dobre folla, na que a
folla de apertura principal é a de esquerdas, aumentando así a
distancia entre a porta de saída e o borde do chanzo que conduce
ata a beirarrúa.
As obras de mellora da
accesibilidade da Casa da Cultura de Bertamiráns tamén se
levaron a cabo no interior do edificio. Os traballos incluíron
reformas no vestíbulo de atención ao público, nas escaleiras, o
ascensor, os aseos, nos espazos de usos públicos (cafetería,
biblioteca e usos múltiples), nos elementos de protección contra
incendios e na sinalización interior e exterior.
Así, mellorouse o mostrador de
información, incluíndo un novo módulo adaptado para atender a
persoas en cadeira de rodas. Os aseos da planta baixa
modificáronse totalmente e nas escaleiras de comunicación entre
as plantas colocouse un novo pasamáns a dobre altura con
prolongacións e remates nos seus extremos, puxáronse cintas
antideslizantes , novas balizas de sinalización e iluminación e
emerxencia.
Ademais, solucionáronse as
deficiencias no ascensor existente, mellorando a colocación dos
botóns e introducindo o sistema Braille, así como novo sistema
de seguridade e un detector electrónico de portas. O edificio
tamén conta grazas a estas obras cunha nova sinalización
interior, coa rotulación incluída en Braille en todas as
dependencias.


Ningún comentario:
Publicar un comentario