Brión - 30 persoas na andaina familiar de Brionatura


UNHA TRINTENA DE VECIÑOS PARTICIPARON NA ANDAINA FAMILIAR CONVOCADA POR BRIONATURA

Un total de 31 veciños e veciñas de Brión participaron o pasado domingo na andaina familiar convocada polo programa medioambiental Brionatura, organizado polo Concello de Brión. Unha pequena andaina polo entorno do campo do Santo Arandel, na parroquia de Bastavales, de apenas 4,8 quilómetros para percorrer en familia, ben andando, ben en bicicleta.


A pesares das previsións de fortes choivas, o tempo comportouse durante a andaina, de xeito que se puido desenvolver sen problemas e mesmo se prolongou fronte aos 2 quilómetros inicialmente previstas. O que xa non puido celebrarse foi o xantar popular no campo do Santo Arandel, xa que para entón sí que comezou a chover. Os participantes amosáronse moi satisfeitos por esta iniciativa e xa solicitaron unha nova convocatoria.

Ningún comentario: