Silleda será o punto de
arranque das xornadas de Aega para dar a coñecer á cidadanía o valor da arqueoloxía
e o patrimonio
-A cita
comezará o venres día 15 na biblioteca pública municipal, ás 20.30 horas, con
tres charlas e continuará o sábado cunha visita didáctica aos Castros de Toiriz
-A
iniciativa da Asociación de Empresas Galegas de Arqueoloxía continuará en
Boiro, nos Castros de Neixón
O municipio de Silleda será o punto de
arranque en Galicia das xornadas Novidades da Arqueoloxía Galega, organizadas
pola Asociación de Empresas Galegas de Arqueoloxía (Aega) para informar do
significado real da arqueología e o patrimonio. A cita trasdezá, coa que
colabora a Concellaría de Cultura, comezará o venres ás 20.30 horas na biblioteca
pública municipal Daniel Castelao, onde haberá varias disertacións sobre o
patrimonio, con intervencións abertas ao público en xeral. O arqueólogo
silledense Israel Picón Platas, que hoxe presentou as xornadas xunto co
concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez, abre a sesión falndo do patrimonio
arqueológico do concello de Silleda, municipio que atesoura máis de 100
xacementos, entre eles uns 24 castros. Continuará os relatorios Sara Rodríguez
Souto, falando das descubertas recentes en Galicia na última década e pechará
Juan Carlos Castro Carrera, coa conferencia titulada O patrimonio en tempos de
crise, con cuestións máis candentes e conflictivas nas que disertará sobre a
arqueología de xestión fronte á de investigación, entre outros asuntos.A cita silledense continuará o sábado día 16 cunha visita didáctica aos Castros de Toiriz (ás 11.00 horas), guiada por membros do colectivo organizador. O arqueológo Israel Picón explicou hoxe durante a presentación que se agarda a presenza de arqueólogos e profesionais da xesión do patrimonio, e eloxiou a aposta realizada no municipio por poñer en valor nos últimos anos xacementos coma o Castro de Toiriz ou a Copa do Castro, agradecendo a iniciativa das asociacións que o promoveron.
Pola súa banda, o concelleiro Matías Rodríguez incidiu na visión clarexadora das xornadas, de interese para o público en xeral, os interesados no patrimonio cultural e mesmo para aqueles que sospeiten da existencia de xacementos nas súas propiedades “para saber cómo actuar, como limpar ou garantir a súa accesibilidade”, engadiu. Ademais da relación afectiva con Silleda, ao ser Israel Picón natural de Refoxos, outro dos motivos de iniciar as xornadas en Silleda débese, segundo explicou o arqueólogo, á centrica situación da localidade ou ao “extenso traballo realizado no ano 86 polo arqueólogo silledense Xulio Carballo”.
A segunda cita será no concello coruñés de Boiro, no centro arqueológico de Neixón e dende Aega tamén se está a negociar cos municipios de Celanova (Ourense) e Meira (Lugo), para continuar con estas xornadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario