Covas celebra as festas na honra do Santísimo Sacramento
A parroquia amiense de Covas celebra esta fin de semana as festas na
honra do
Santísimo Sacramento. O venres, 15 de xuño, a partir das
10:30
horas actúa a Orquestra Ismael. Este mesmo día a veciñanza
de
Covas gozará da actuación do humorista Lito de Arzúa. Para o
domingo quedan os actos relixiosos. Ás 12:30 horas haberá
unha misa
na honra ao Santísimo Sacramento. Un hora despois o
polideportivo de
Covas acollerá a actuación dos membros da Asociación
Cultural Os
Castros.
Estase
achegando o verán e comezan as festas no Concello de Ames.
Nesta
ocasión tócalle a quenda aos veciños e veciñas da parroquia de
Covas. Os actos festivos comezan este venres, 15 de xuño,
cunha
verbena a cargo da Orquestra Ismael. A actuación da orquestra
comezará arredor das 10:30 horas. Durante o descanso que
realice a
orquestra, arredor das 12:00h, actuará o humorista Lito de
Arzúa. A
continuación, pecharase a festa co segundo pase da actuación
da
Orquestra Ismael.
O
domingo,
17 de xuño, a festa irá na honra do Sagrado Sacramento. Os
actos
relixiosos comezarán ás 12:30 horas cunha misa. Tralos actos
relixiosos, ás 13:30 horas, actuarán os membros da Asociación
Cultural Os Castros no polideportivo de Covas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario