Oroso - prazo de inscrición no Verán Lúdico

O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR 
“VERÁN LÚDICO”, PARA NENOS DE 3 A 12 ANOS

O programa ofrece obradoiros, xogos e excursións cun desconto do 20% para familias numerosas e aquelas que inscriban a dous irmáns 
O Concello de Oroso vén de abrir o prazo para inscribirse nunha nova edición do programa de conciliación familiar “Verán Lúdico”, que terá lugar os meses de xullo e agosto no CEIP de Sigüeiro. Concebido coma unha alternativa para conciliar a vida familiar e laboral ou, incluso, descansar durante as vacacións de verán, o programa ofrece obradoiros, xogos e excursións que ocuparán as mañás de xullo e agosto dos nenos e nenas do municipio, de idades comprendidas entre 3 a 12 anos. 

Este ano as actividades desenvolveranse en catro quednas: do 2 e o 13 de xullo; do 16 ao 31 de xullo; do 1 al 14 de agosto e do 17 ao 31 de agosto. Os pais e nais poderán escoller a quenda na que anotan aos pequenos e mesmo inscribilos nunha, dúas, tres ou nas catro quendas. As cotas serán de 63 euros (en horario de 7:30 a 15:30 horas) ou 44 euros (na quenda de 10:00 a 13:00 horas). Ademais, haberá servizo de xantar para aqueles que o soliciten, cun custo adicional de 5 euros por día. 

Igual que se fixera o ano pasado, o Concello de Oroso, consciente da díficil situación económica das familias, decidiu establecer un desconto adicional do 20% non só para as familias numerosas, senón tamén para aquelas familias que anoten a dous irmáns no programa facendo así que o esfozo económico que teñan que facer as familias sexan menor. 

Entre outras actividades organizadas están previstas saídas á piscina municipal, ao paseo do Río Carboeiro, ao Refuxio ou á biblioteca.

Prazos para anotarse 
Os pais e nais que desexen que os seus fillos participen neste programa de conciliación familiar, poderán anotarse ata o 20 de xuño para as quendas de xullo e do 2 ao 17 de xullo se as que lle interesan son as quendas de agosto. Para máis información pódense dirixir ao Centro Cultural Fernando Casas e Novoa (981 69 09 03) ou a través da páxina web: www.concellooroso.com.

Ningún comentario: