O Concello de Ordes celebrará unha nova edición das Noites psicoeducativas os vindeiros 15 e 29 de xuño
O obxetivo é ofrecerlle aos mozos e mozas alternativas ó ocio exentas de alcol e mellorar a súa autoestima e as relacións interpersoais
Os vindeiros 15
e 29 de xuño o Concello de Ordes en colaboración coa Deputación da Coruña
celebrará unha nova edición das súas Noites psicoeducativas.
Unha iniciativa
coa que se pretende ofrecer ós máis novos do municipio alternativas para o seu
tempo de ocio, ensinándolles a empregalo con divertidas alternativas que non
van vinculadas ao consumo de alcol. Asimesmo, con este plan preténdese incidir
tamén na mellora da autoestima e das relacións interpersonais.
Nesta
ocasión os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos poderán
participar en obradoiros de tiro con arco, manualidades, karaoke, elaboración
de cócteles sen alcol, xogos populares ou cociña creativa entre outros. Todas
estas actividades terán lugar no pavillón Campomaior de 20.30 a 23.30 horas. As
prazas serán limitadas polo que se recomenda ralizar canto antes a inscrición
correspondente na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada no primeiro
andar do novo concello. O prazo rematará o próximo 12 de xuño e a participación
é completamente de balde. Para recibir máis información pódese consultar a web
municipal (www.concellodeordes.com) ou ben chamar ó teléfono 981 680002.

Ningún comentario:
Publicar un comentario