aCadaCanto, O PROXECTO DE GUADI GALEGO, XABIER DÍAZ,
GUILLERME FERNÁNDEZ E XOSÉ LOIS ROMERO, EN DIRECTO EN SANTIAGO
hoxe ás 21 horas no Teatro Principal
Hoxe ás
21 horas terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela dentro do
ciclo ‘Íntimo&Acústico’ o concerto de Guadi
Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero co proxecto
aCadaCanto, o novo disco de Músicas de Salitre no que conflúen por primeira vez de maneira conxunta as
carreiras musicais destes catro músicos. Compañeiros en outras formacións
coma Berrogüetto, Espido, ou Nova Galega de Danza, os catro xúntanse na
gravación do sexto disco de Músicas de Salitre.
Presentación do
concerto
O concerto do Teatro Principal presentouse no Teatro
Principal, acto no que participaron Xabier Díaz e Guillerme Fernández de
aCadaCanto e José Victor Carou, director-xerente do
Auditorio de Galicia. Segundo Xabier e Guillerme, “este
proxecto musical é limitado no tempo, todos temos outras obrigacións musicais, pero da mesma maneira que nos xuntamos no
estudio para gravar o disco, xuntarémonos no escenario para tocalo. Ademais,
para quen aínda non ten o disco, poderá mercarse no Teatro Principal”.
José
Victor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia, amousouse encantado de
poder contar con este proxecto pechando a programación do ciclo
‘Íntimo&Acústico’ que puxo en marcha a concellaría este ano. O ciclo
acolleu a artistas como Aline Frazao, Simon Finn, Rebeca Jiménez, Maika
Makovski, Abe Rábade Trío ou Ariel Rot, entre outros moitos e volverá despois
do verán con novas propostas.
O repertorio deste concerto estará conformado polas trece
cancións do disco aCadaCanto, máis algúns dos temas do resto de discos de
Músicas de Salitre. Os prezos das entradas son 10 € anticipada e 12 € no
despacho de billetes

Sexto disco de
Músicas de Salitre
Músicas de Salitre é o selo discográfico formado por
Xabier Díaz e Guillerme Fernández e aCadaCanto é a sexta referencia do seu
catálogo:
-
Músicas de Salitre (2005)
-
Espido (2005)
-
Coplas para Icía (2007)
-
Benzón (2009)
-
Arrolos de Salitre
(2010)
-
aCadaCanto (2012)
Sobre Guadi Galego
Gaiteira, compositora e
unha das voces imprescindibles da música contemporánea galega. Voz de
Berrogüetto durante anos, tamén participou nas formacións Espido e Nordestinas,
ademais de editar en solitario o disco Benzón.
Sobre Xabier Díaz
Produtor musical e
compositor, comezou como cantante no disco de Músicas de Salitre. Coa compañía
de danza Nova Galega de Danza, estivo nomeado como finalista aos Premios Max
como Mellor Espectáculo Revelación. É a voz actual de Berrogüetto.
Sobre Guillerme
Fernández
Músico, compositor e
guitarrista, compaxina dende hai anos o seu labor en Berrogüetto con proxectos
musicais diversos como Espido ou a
experiencia radiofónica Tres peixes
voando, compartida con Xabier Díaz. Colaborou
con artistas coma Xosé Manuel Budiño, Donald Shaw ou Karen Matheson.
Sobre Xosé Lois
Romero
Percusionista,
acordeonista e compositor, foi cofundador e director musical da compañía Nova
Galega de Danza. Forma parte do trío Vaamonde, Lamas & Romero, é mestre de
percusión tradicional na escola Tradescola de Lugo e participa en proxectos
paralelos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario