A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros e as familias que obteñan a axuda recibirán entre 900 e 1.100 euros por unidade familiar, dependendo do número de fillos que figuren no título de familia numerosa.
As familias interesadas poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 9 de xullo no rexistro Xeral na Casa do Concello en Bertamiráns ou no Rexistro existente na oficina municipal do Milladoiro.
O Boletín Oficial da Provincia
(BOP) vén de publicar a convocatoria das axudas ás familias
numerosas, polo que, aquelas familias que cumpran os
requisitos e estean interesadas nestas axudas deberán
presentar a súa solicitude ata o vindeiro 9 de xullo. A contía
total destinada a estas axudas é de 120.000 euros e as
familias que obteñan a axuda recibirán entre 900 e 1.100 euros
por unidade familiar, dependendo do número de fillos que
figuren no título de familia numerosa. Con este tipo de
iniciativas, o Concello de Ames pretende axudar en tempos de
dificultade aquelas familias que máis dificultades teñen para
a crianza dos fillos, máis en tempos de crise.
O obxectivo destas axudas é
proporcionar apoio económico a aquelas familias cualificadas
como numerosas pola Consellería de Traballo e do Benestar da
Xunta de Galicia, ou organismos análogos doutras comunidades
autónomas.
A convocatoria de axudas para
familias numerosas conta cunha dotación total de 120.000 euros,
dos que as familias que obteñan a axuda recibirán entre 900 e
1.100 euros por unidade familiar. Dado que a publicación da
convocatoria foi o día 8 de xuño, os interesados nestas axudas
teñen de prazo para a presentación das súas solicitudes ata o 9
de xullo de 2012.
Os
beneficiarios destas axudas serán aquelas familias numerosas que
teñan a súa residencia habitual no municipio de Ames. Os
interesados e interesadas poderán informarse dos requisitos e
dos pasos a seguir nas oficinas de Servizos Sociais do Concello
de Ames.
Documentación requirida
As solicitudes e a
documentación requirida poderán recollerse nas oficinas
municipais de servizos sociais en Bertamiráns (Centro
Socio-Cultural da Xuventude e Terceira Idade, sito na Praza
Chavián sen número) e no Milladoiro nas oficinas de Servizos
Sociais sitas na Rúa de Abaixo número 10.
A entrega
das solicitudes e da documentación requirida presentarase no
rexistro Xeral na Casa do Concello en Bertamiráns ou no
Rexistro existente na oficina municipal do Milladoiro que se
atopa na Rúa de Abaixo número 10. O concello conta cun período
de 6 meses, contando a data de entrada das solicitudes no
Rexistro, para a súa resolución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario