O Concello de Melide a través do seu departamento de medio rural comenza a campaña de desbroce e prevención de incendios de cará o verán o vindeiro luns.
· Vinteseis parroquias do Concello de Melide serán beneficiarias destes desbroces preventivos.
·
Máis de 180 hectareas serán
obxecto dos traballos de acondicionamento de cunetas e pistas rurais.
A
inversión para levar a cabo estos traballos superán os 26.000 € dos cales o 50%
está financiado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Ademais
dos desbroces no rural o Concello de Melide suscribirá nas próximas semanas un
convenio de colaboración coa Xunta de Galicia
para a prevención de incendios mediante a realización de tratamentos
preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais, na cal o Concello
pon a disposición á motobomba para a extinción de incendios tanto en Melide
como nos concellos limítrofes. Dentro do calendario de actuación de cara ao
verán nas parroquias do rural melidá comezarase a realización de obras de
mantemento de pistas, ao que hai que engadir os aglomerados asfalticos que xa
están adxudicados dentro dos programas do POS da Deputación provincial que
supoñerán un maior benestar para os cidadáns que residen no rural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario