O Psoe pide ao alcalde de Ordes rigurosidade nos plenos


Ordes, 13/6/2016 - O PSOE de Ordes insta ao alcalde ordense, José Luís Martínez Sanjurjo, a ser máis rigoroso coas súas afirmacións nas sesións plenarias e a recoñecer que as achegas da Deputación Provincial da Coruña ao Concello de Ordes medraron este ano en 27.857,06 euros con respecto ao ano pasado.
A voceira municipal socialista, Verónica Gómez, explica que “na última sesión plenaria, o alcalde queixouse de que as achegas da Deputación da Coruña ao Concello de Ordes se reduciran significativamente con respecto á anterior etapa do Partido Popular cando, coas cifras na man, o certo é que se incrementaron en case 28.000 euros”.

Por iso, a concelleira socialista insta ao alcalde “a ser máis rigoroso coas súas afirmacións nos Plenos e non facer afirmacións partidistas que faltan á verdade”. E é que dende que o socialista Valentín González Formoso chegou á presidencia da Deputación Provincial da Coruña, todas as achegas que recibe o Concello de Ordes do ente provincial para cultura, deportes, servizos sociais e promoción económica se incrementaron un 40%, pasando dos 68.029,10 euros de 2015 aos 95.886,16 euros de 2016.

Ámbito
2015
2016
Diferenza 2015/2016
Cultura
22.991,85 euros
33.331,52 euros
10.339, 67 euros
Deportes
12.541,01 euros
17.972,21 euros
5.431,20 euros
Promoción económica
15.014,74 euros
19.273,23 euros
4.258,49 euros
Servizos Sociais
17.481,50 euros
25.309,20 euros
7.827,70 euros
TOTAL
68.029,10 euros
95.886,16 euros
27.857,06 euros



Ademais, compre lembrar que a Deputación da Coruña, presidida polo socialista Valentín González Formoso, triplicou este ano as achegas ao Concello de Ordes para o Plan de Emprego Local, que pasan dos 11.400 euros consignados polo Goberno do PP aos 52.000 euros actuais. Uns incrementos aos que haberá que sumar os correspondentes ao Plan de Medio Ambiente, onde o Goberno Provincial socialista prevé cando menos duplicar os recursos que se viñan percibindo ata o de agora.

Ningún comentario: