Rois, 14/6/2016 - O actual servizo de
recollida de lixo de Rois amosa deficiencias, que veciños puxeron en
coñecemento de Xente de Rois en reiteradas ocasións.
De feito, nas derradeiras
semanas houbo una serie de días que nalgunhas aldeas do concello a recollida
non se fixo cando tocaba, co cal o lixo acumulouse en grandes cantidades nos
contedores. Outra das deficiencias da que se queixan os veciños é,
precisamente, a necesidade de aumentar o número de contedores, xa que nalgúns
puntos os que hai non abondan.
O concelleiro de Xente de Rois, Pere
Tobaruela, preguntou sobre este asunto no pleno do pasado mes de marzo e o
alcalde dixo que estaban continuamente a solicitar contedores e outras cuestións.
O edil tamén declarou que se ten que facer a recollida tres días á semana,
cousa que se incumpre.
A Mancomunidade de
Concellos Serra do Barbanza, que xestiona a planta de residuos de Servia, en
Lousame, prorrogou «sine die» o contrato de recollida e transporte de lixo do
concello de Rois, que venceu a finais de xuño de 2014. A tenor das
circunstancias, desde esta data, xa hai dous anos, o equipo de goberno non
avanzou nada na negociación, ou se o fixo, na súa liña de non informar aos
partidos da oposición, non comentou nada ao respecto. E iso que as deficiencias
na recollida poderían ser motivo suficiente para iniciar unha demanda
administrativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario