O Concello de Silleda adquire o quiosco da Avenida do Parque

 Silleda, 14/06/2016 - O Concello de Silleda ven de firmar a compra do quiosco situado na Avenida do Parque, xestionado no seu momento por Cogami e que agora era propiedade da Rede Galega de Kioskos, empresa actualmente en liquidación.

O goberno trasdezá chegou a un acordo coa administración concursal para a adquisición da caseta, actualmente paralizada, así coma do mobiliario e accesorios existentes no seu interior.


Nos vindeiros días terá lugar a recollida das chaves, e comezarán os estudios para ver o uso ao que se destina esta propiedade.  

Ningún comentario: