Lalin, 24/07/2016 - Ante as reiteradas chamadas dos medios de
comunicación e co obxecto de despexar calquera posible dúbida sobre os motivos
e finalidades da miña decisión de abandonar o Goberno municipal de Lalín, eu,
Juan José Cruz García, quero deixar meridianamente claros os seguintes
aspectos:
Amosando publicacións coa etiqueta LALIN b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LALIN b>. Amosar todas as publicacións
Lalín inicia as obras das canchas de area de Pozo de Boi
Lalín, 21/07/2016 - O Concello de Lalín iniciou as actuacións para dotar á área recreativa de Pozo do Boi de canchas para a práctica de diferentes modalidades deportivas sobre un terreo de area. Está previsto que as actuacións -que empezaron a desenvolverse durante esta mesma mañá- rematen nos vindeiros días co obxectivo de que as novas instalacións estean a disposición dos usuarios dende esta fin de semana. Lalín reúne este sábado a todos os alcaldes de barrio
Lalín, 15/07/2016 - O Concello de Lalín reunirá o vindeiro sábado, 16 de xullo, aos 52 novos alcaldes e alcaldesas de barrio, que foron elixidos nun proceso democrático que amosou o compromiso do Goberno e das veciñas e veciñas do rural coas súas aldeas e parroquias.
Lalín compra material para a conservación e bacheo de pistas
Lalín, 12/07/2016 - O Concello de Lalín vai investir este ano un total de 207.511 euros na compra de diverso material para o desenvolvemento de actuacións de conservación e bacheo de pistas asfaltadas.
Lalín licita a primeira parte da mellora da rolda leste
Lalín, 06/07/2016 - O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou onte o anuncio da licitación do primeiro proxecto para a mellora integral da Rolda Leste. O prego de cláusulas administrativas para este primeiro contrato contempla un investimento de 299.300 euros e servirá para desenvolver as actuacións de arranxo do tramo que vai da Avenida de Ourense (á altura da subestación de Fenosa) ata a Estrada do Rodo.Lalín inicia unha campaña de promoción turística en varios municipios da costa galega
Lalín,
30/06/2016 - O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, vén de presentar a
nova campaña de promoción turística do Concello de Lalín. Este novo proxecto de
difusión dos atractivos do municipio levarase a cabo en numerosos municipios da costa galega, onde,
tras alcanzar un acordo que se aprobou en Xunta de Goberno Local cunha empresa
xestora de puntos informativos, se
colocaron, sen custe algún para as arcas municipais, varios paneis
publicitarios de Turismo en puntos especialmente transitados de diferentes
vilas das Rías Baixas.
Permanece aberto ata o 1 de xullo o prazo do curso novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0
Lalín, 27/06/2016 - O concelleira de Muller e Igualdade,
Celia Alonso, lembra que permanece aberto o prazo de matrícula para participar
no XII Curso Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0, que este ano
versará sobre a educación afectivo sexual a prostitución, a trata e outras
violencias.
Lalín aproba o proxecto de urbanización da AR-MP12
Lalín, 26/06/2016 - O Goberno de Lalín vén de aprobar en Xunta de Goberno Local o proxecto definitivo de urbanización da denominada Área de Reparto MP-12, logo de que finalizase o prazo de 20 días de exposición pública para a presentación de alegacións, sen que se producise ningunha reclamación.
Lalín acorda rebaixar as distancias das granxas avícolas e cunícolas
Lalín, 17/06/2016 - Representantes dos sindicatos e das cooperativas agrarias, así como membros da oposición, reuníronse onte no consistorio convocados polo Goberno, cos concelleiros de Urbanismo, Nicolás González Casares, e de Actividade Agraria, Xosé Manuel Hermida, co obxectivo de chegar a un gran acordo local no referente ás modificacións introducidas pola Lei do Solo de Galicia, no referente ás distancias das explotacións agrarias. Na xuntanza acordouse iniciar o proceso de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para adaptar as distancias das explotacións con forme permite a nova Lei. Así, tomouse a decisión de rebaixar o espazo entre as granxas de aves e de coellos e os núcleos de poboación rurais de 1.000 a 500 metros, mantendo a 1.000 metros o das explotacións porcinas.
A nova Lei do Solo de Galicia permite fixar distancias de 500 metros entre granxas sen base territorial e núcleos, mais o Concello decidiu manter as distancias das granxas porcinas a 1.000 metros, canto menos, ata que se resolva a problemática creada de acordo a unha recente sentencia xudicial no concello de Rodeiro. Se se soluciona este problema xudicial, non se descarta a posibilidade de estudar a adaptación das gandarías porcinas. Non obstante, apunta o concelleiro de Urbanismo, “rebaixar a día de hoxe as distancias aos núcleos de poboación das granxas de porcos a menos de 1.000 metros provocaría caer nunha inseguridade xurídica, cun exemplo recente e moi próximo”.
Os presentes na reunión consideran que as medidas acordadas con respecto á adaptación das distancias das explotación dan saída a unha reivindicación do rural lalinense, debido á práctica imposibilidade actual de crear novas explotacións con separacións de 1.000 metros. Cómpre sinalar que as granxas, ademais de ter que salvagardar as correspondentes distancias aos núcleos, deben manter tamén uns correspondentes espazos entre elas, que van dos 500 aos 1.000 metros, segundo a tipoloxía e a categoría de cada explotacións.
González Casares apuntou que dende o Goberno de Lalín se considera que, coa solución pactada na reunión de onte para adaptarse á lei galega, “se consegue protexer o territorio, e ao mesmo tempo, se continúa amparando as parroquias máis poboadas”. O edil fixo fincapé en que, ademais, na actualidade, ás explotacións se lles esixe o cumprimento de estritas normativas ambientais e sanitarias, converténdoas en complexos herméticos que nin tan sequera desprenden cheiros, o que provoca que o seu impacto sexa mínimo.
Nicolás González Casares tamén explicou que antes de tomarse esta decisión se fixo un profundo estudo técnico con simulacións de diferentes distancias das granxas aos núcleos, a través do que se comprobou que mediante as distancias acordadas aumenta a posibilidade de crear novas explotacións, pero paralelamente se protexen as zonas máis poboadas do territorio de Lalín. Á marxe quedan outras áreas municipais, como as incluídas na Rede Natura 2000, que precisan guiarse por normativas e autorizacións específicas, que competen á Xunta de Galicia.
Finalmente, o edil responsable de Urbanismo destacou que o acordo “ten unha enorme relevancia política, onde tanto Goberno como oposición tiveron claro en todo momento cales eran os intereses de Lalín”. “Lalín non podía estar nunha situación de desvantaxe competitiva con respecto doutros concellos agrícolas e gandeiros da contorna”, dixo, ao tempo que puxo de relevo que “con esta decisión, o noso municipio salvagarda o territorio, mantendo a dualidade urbano-rural que tanto o identifica e posibilita que o noso agro se siga desenvolvendo”.
Por outra banda, a pesar das modificacións, non se agarda que nos próximos anos se produza un especial desenvolvemento do sector cunícola, polo que se contempla que sexan poucas as novas explotacións desta produción.
Lalín acolle a segunda edición da Romaría Celtista
Lalín, 9/6/2016 - No 2.015 comeza a camiñar a Romaría Celtista en Compostela de man da Peña Celtista Merlegos Celestes, onde varios centos de celtistas se deron cita no Campo da Almáciga en Santiago de Compostela. Nesta segunda edición a Peña Celtista Siareiros Dezaos , toma o relevo de este evento que pretende ser unha Romaría itinerante organizada polas diferentes peñas do R.C Celta Vigo, nesta ocasión se vai a celebrar no interior do noso país, na vila de Lalín, donde se pretende facer unha xornada para o recordo, na que os celtistas gocen dun día lúdico e festivo.Novo percorrido virtual polo museo Ramón María Aller de Lalín
![]() |
| Estatua a Ramón María Aller en Lalín |
6/6/2016 - O Concello
de Lalín continúa co proxecto de percorridos virtuais en 360 graos posto en
marcha a través das concellerías de
Turismo e Novas Tecnoloxías, coa estrea dun novo vídeo en 3 dimensións que
desta vez dá a coñecer os encantos do Museo Municipal Ramón Mª Aller.
Prostitución e outras violencias nos curso de verán da USC que se celebrará en xullo en Lalín
2/6/2016
- A sétima edición das xornadas sobre Novas fronteiras na igualdade de
oportunidades 2.0 estará dedicada á educación
afectivo sexual, prostitución, trata e outras violencias. Celebrarase no
Auditorio Municipal de Lalín do 12 ao 15 de xullo baixo a dirección de María
José Méndez Lois e de Mª Jesús Payo Negro.
Lalin licitará proximamente os proxectos de arranxo da rolda leste
1/6/2016
- O Goberno de Lalín sacará a licitación proximamente os dous proxectos de
arranxo da Rolda Leste, logo de recibirse no Concello a notificación oficial da
concesión da achega por parte da Deputación de 502.026,20 euros para esta
finalidade, pertencentes ao Plan de Concellos 2016.
Lalín aumentará as prazas do cemiterio de A Romea
26/5/2016 - Os novos habitáculos serán construídos aproveitando espazos desocupados do camposanto. Os nichos serán executados no próximo ano, mentres que as sepulturas quedarán rematadas no presente. Os traballos permitirán cubrir a práctica totalidade das solicitudes de prazas realizadas dende hai moitos anos e irán parellos a accións de adecentamento do conxunto
O goberno de Lalín insta a que se paralice a LOMCE
20/5/2016 - A Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, en adiante LOMCE, aprobouse no parlamento español o 28 de novembro do ano 2013 a pesar de ser rexeitada pola case totalidade dos grupos políticos parlamentarios.
Lalín creará un rexistro de lugares habilitados para esquelas
19/5/2016 - O Goberno municipal lembra que xa hai lugares reservados para esta función e esixirá ás empresas de pompas fúnebres que os empreguen. A medida responde ás numerosas queixas recibidas por esta práctica irregular e contraria á normativa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




