Vedra, 14/6/2016 - O concello de Vedra organiza o próximo sábado un obradoiro de graffiti aberto a todo o mundo.
O aprendizaxe comezará as cinco da tarde no entorno do Pavillón Polideportivo e trátase dun obradoiro gratuito. Esta actividade forma parte do Programa de Información e Dinamización Val do Ulla.
Para anotarse e recabar máis información hai que chamar ao teléfono 981814691 ou enviar un correo a cultura@concellodevedra.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario