Oroso,
12/6/2016 - Unha representación do Concello de Oroso participa hoxe na
peregrinación que se está a facer entre as localidades de Finchale e Durham
(Reino Unido) para reivindicar que o Camiño Inglés comeza nesta localidade
inglesa.
Manuel
Mirás amósase moi satisfeito cos contactos realizados durante esta viaxe pois
“espero que os acordos de colaboración que tomamos co varios colexios de Durham
se traduzan non só en beneficios para o Centro de Estudos e Investigación do
Camiño Inglés senón tamén na posibilidade de realizar intercambios de
estudantes entre Durham e Oroso”. Así, a delegación orosá estableceu acordos de
colaboración cos colexios de St Godric e St John e, ademais, “tivemos ocasión
que reunirnos co novo alcalde de Durham, que foi elixido hai apenas dez días e
que aínda nin tomou posesión do cargo pero vexo que hai posibilidades dun bo
entendemento”, explica Mirás Franqueira.
A
delegación orosá, canda o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participa nestes
momentos nunha peregrinación canda outras cen persoas entre as localidades de
Finchale e Durham, cuxo obxectivo é reivindicar a abadía de Finchale como o
punto de inicio do Camiño Inglés. Neste sentido, Mirás Franqueira valora “o
esforzo que está facendo a Deputación Provincial da Coruña para poñer en valor
o Camiño Inglés e que traduce hoxe na presenza aquí do deputado provincial
Antonio Leira, pero tamén nos múltiples investimentos previstos polo ente
provincial nos próximos meses”.
Manuel
Mirás agarda que “esta peregrinación serva para darlle un novo impulso ao
Camiño Inglés pois, canto mellor funcione, mellor será para todos os municipios
coruñeses polos que pasa, especialmente Oroso”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario