Amosando publicacións coa etiqueta BOQUEIXON. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BOQUEIXON. Amosar todas as publicacións

Rematou o campo de traballo do Pico Sacro

Boqueixón, 02/08/2016 - Dende o 18 ata o 28 de xullo tivo lugar en Boqueixón o Campo de Traballo Internacional “O Pico sacro” que tivo como obxectivo fundamental a posta en valor do Pico Sacro como referente fundamental no plano histórico, paisaxístico e o seu carácter máxico. 

Boqueixón reduce o imposto das edificacións en solo rústico vinculadas ao sector primario

Boqueixón, 15/07/2016 - O pleno municipal de Boqueixón aprobou onte modificar a ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI), co obxectivo de reducir o coeficiente de tributación sobre o valor catastral das edificacións das explotacións agrarias, gandeiras e forestais en solo rústico, que pasan do tipo actual do 0,44% ata un 0,3% nos orzamentos de 2017. 

Boqueixón amortiza toda a débeda bancaria

Boqueixón, 14/07/2016 - O Pleno de Boqueixón aprobará hoxe a modificación orzamentaria que permitirá a amortización do único crédito bancario que o concello ten subscrito con Abanca e que ascende a data de hoxe a 323.470 €. Esta decisión foi posible gracias ao remanente positivo de tesourería de 1.070.000 € que resultou da liquidación do orzamento de 2015.

Máis de cen nenos e nenas participan das actividades de verán de Boqueixón

Boqueixón - 10/07/2016 - O Verán Activo deu comezo o día 1 de xullo e alargarase ata o 30 de agosto, con 117 rapaces e rapazas que son atendidos por seis monitores, ademáis de voluntarios xuvenís e monitores en prácticas.

A formación Veciñ@s de Boqueixón demanda o fraccionamento dos impostos municipais

Boqueixón, 09/07/2016 - Veciñ@s de Boqueixón vén de presentar unha moción na que se solicita o fraccionamento dos impostos municipais así como o reintegro dos mesmos ás familias en risco de Exclusión Social.

Boqueixón celebrou o seu XXV encontro de maiores

7/6/2016 - O sábado 4 de xuño tivo lugar no pavillón polideportivo de o Forte (Boqueixón), o Econtro de maiores do municipio. Esta celebración, que xa acada a súa XXV edición, logrou xuntar preto de 300 maiores.

Veciñ@s de Boqueixón solicitan a retirada da Conta Xeral

 6/6/2016 - Como todos os anos, a conta non refrexa un adecuado desglose por programas de gasto, o que fai moi difícil fiscalizar os distintos centros de gasto do Concello. Ademais, no apartado de ingresos tamén se demostraron diversas diverxencias, que non foron ainda subsanadas.

BNG – Asembleas abertas de Vedra e Veciñ@s de Boqueixón presentan unha moción para regular os procesos selectivos de persoal

30/5/2016 - Os grupos municipais do BNG – Asembleas Abertas e Veciñ@s de Boqueixón, veñen de presentar este xoves unha moción co fin de que se regulen os procedementos de selección de persoal de ambos concellos, de xeito que se garanta a obxectividade de todo o procemento.

III Encontro da fraternidade do Dragal.

27/5/2016 - Este encontro organízase en base á triloxía da literatura galega do mesmo nome: Dragal, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingúística e o Concello de Boqueixón, contando coa colaboración de Ramsa, S.A.

Boqueixón acolleu o foro participativo do novo GDR

Con data do 12 de maio tivo lugar o primeiro foro participativo do novo GDR, con máis de medio centear de persoas (empresarios, emprendedores, asociacións e a cidadanía en xeral) do municipio de Boqueixón

As edificacións de Boqueixón vinculadas ao sector primario terán menos impostos

O concello reduce o imposto municipal do 0,44 ao 0,3 por cento
Ovidio Rodeiro destaca que esta é a segunda baixada de tributos locais desta lexislatura tras a redución do ICIO en decembro

Gañadores da terceira edición do certame de relatos "Xosé Neira Vilas" en Boqueixón

O concello de Boqueixón fai pública a decisión unánime do xurado que valorou a calidade dos relatos presentados a esta terceira edición. Salientar a gran participación deste ano cun total de 90 traballos presentados a concurso e a enorme dificultade para seleccionar aos mellores debido, precisamente, ao elevado nivel dos mesmos. 

Boqueixón estrea web sobre o Pico Sacro

O Concello de Boqueixón presentou a nova web do Pico Sacro (http://www.boqueixon.com/pico-sacro/), que ofrece dun xeito atractivo para os veciños, veciñas e visitantes a información máis relevante do monte sagrado, do seu centro de interpretación, da súa historia e lendas acompañado todo dun magnífico material audiovisual.

I Campionato Concello de Boqueixón de Judo

O vindeiro sábado 16 de abril, o Pavillón Municipal de O Forte, acollerá o I Campionato Concello de Boqueixón de Judo. Esta xuntanza deportiva a nivel comarcal, reunirá unha media de 250 dos practicantes máis cativos da nosa comarca.

Ás 10:00h. dará comezo a quenda dos rapaces/as nados nos anos 2012 e 2008 incluídos, e as 11:00h. tocaralle o turno aos rapaces/as nados nos anos 2007 e 2001 incluídos.

Este campionato, organizado por Judo Compostela, enmárcase dentro dos obxectivos de promoción e fomento do deporte e actividade física que o Concello de Boqueixón está a levar a cabo, xa que se aposta polo Judo como actividade dentro da oferta de Escolas Deportivas Infantís Municipais polos seus valores deportivos e tamén educativos que están avalados pola UNESCO.

Agardase que esta xornada sexa de convivencia entre os mozos deportistas de Boqueixón e os participantes de outros clubes da comarca en torno a práctica dunha disciplina deportiva saudable.

O Concello de Boqueixón e Viveiros Compostela firman un convenio de colaboración

Onte tivo lugar nas instalacións de Viveiros Compostela S.A.T no lugar da Corna (Boqueixón) a firma dun convenio de colaboración de gran interese entre esta empresa local e o Concello de Boqueixón. 

Esta firma permite a ambas entidades aunar esforzos para o impulso dunha iniciativa de sensibilización ambiental centrada no apadriñamento/amadriñamento dunha xardineira, durante un periodo dun ano prorrogable e aberto a participación de toda a veciñanza así como de comercios, institucións, asociación…

Viveiros Compostela contribúe de forma desinteresada a este proxecto a través da realización da formación para o coidado e mantemento da xardineira cunha xornada de traballo que se desenvolverá o día 16 de abril, ademais de suministrar a un máximo de 50 xardineiras todos os consumibles precisos (substrato e pranta ornamental de produción propia) para o adecentamento e ornamentación da mesma.

Pero a colaboración altruista de Viveiros Compostela vai máis alá, xa que dentro do seu compromiso está o entregar un vale de 20 euros a cada padriño/madriña participante para trocar por planta ornamental de tempada de produción propia.

Actualmente, hai máis de 20 padriños/madriñas interesados neste iniciativa.

Nesta liña de actuacións encamiñadas a sensibilizar en clave ambiental e contribuir ao embelecemento do municipio, estanse a deseñar as bases dun concurso de Ornamentación de Xardineiras entre os participantes no proxecto para premiar á mellor xardineira. Viveiros Compostela contribuirá, outorgando 100 euros ao 1º premio nun vale de compra para canxear en productos dispoñibles na súa zona de venta ao público, garden, situado nas súas instalacións da Corna (Boqueixón). 

Todas as persoas interesadas en participar no proxecto de apadriñamento/amadriñamento poderán obter máis información na Casa do Concello de Boqueixón ou chamando o 981513061.

I Curso de Defensa Persoal do concello de Boqueixón

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boqueixón colabora na organización dun curso de Defensa Persoal dirixido a todos os públicos. Esta iniciativa está organizada e será impartida por docentes profesionais do Compostela Judo Club.

A defensa persoal é unha disciplina que se imparte cada vez con máis asiduidade xa que con unhas técnicas básicas se pode facer fronte a calquera tipo de agresión. Sobre todo se fai fincapé en que as mulleres de calquera idade teñan coñecementos básicos de defensa persoal para pode facer fronte a posibles agresores ou situacións de emerxencia que se lles puidera plantexar.

O Concello de Boqueixón acollerá este curso de Defensa Persoal todos os venres dende o 22 de abril ata o 17 de xuño en horario de 20:30h a 21:30h no Ximnasio Municipal de O Forte.

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese facer no CIM do Concello de Boqueixón ou ben chamando ao 981513061.

Esta iniciativa xurde tras o éxito acadado coa realización do I Curso Monográfico de Defensa Persoal Feminina levado a cabo en Boqueixón no mes de novembro enmarcado dentro das actividades da Campaña contra a Violencia de Xénero.

A Fundación Pedro Pérez de Boqueixón becou a dous estudantes de mediciña

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, fixo entrega a dous estudantes universitarios locais, de sendas becas de 789,18€, correspondentes aos fondos da Fundación Pedro Pérez.

Esta institución, constituida formalmente no ano 2003, ten como obxectivo repartir os intereses que produce o seu capital social entre alumnos – veciños do municipio que cursen as carreiras universitarias de Veterinaria ou Medicina.

Esta Fundación sen ánimo de lucro constituiuse tras a morte de Pedro Pérez, que exerceu como veterinario oficial do municipio durante trinta anos. Este veciño deixou estipulado no seu testamento que o capital da institución que leva o seu nome non merme en ningún momento, correspondéndolle os intereses deses cartos aos alumnos seleccionados por este padroado.

Dende a posta en funcionamento da Fundación, ata o día de hoxe, esta concedeu un total de 40 bolsas valoradas en 66.143,07€.

Os veciños de Boqueixón teñen a posibiidade de apadriñas unha xardineira

O Concello de Boqueixón pon en marcha unha iniciativa orixinal e interesante baixo o nome de “Apadriña/Amadriña unha xardineira”, mediante a cal pretende sensibilizar en clave ambiental e contribuir ao embelecemento de Boqueixón.
Poderán participar veciños/as, empresarios/as, institucións públicas ou privadas, asociacións ou centros educativos, os cales firmarán unha carta de compromiso e poderán velar pola conservación da xardineira por un periodo dun ano, coa posibilidade de renovar este compromiso.


As bases completas da iniciativa poden consultarse na web www.boqueixon.com