Ames, 17/06/2016 - Os departamentos de Cultura dos Concello de Ames e de
Negreira, en colaboración coa Deputación da Coruña, organizaron un programa de
concertos denominado “Noites en vela” na Ponte Maceira, que se desenvolverán
durante tres venres de xuño, xullo e agosto. Esta iniciativa comeza hoxe venres, 17 de xuño, cunha actuación de Xan Solo´s, que presentan o seu primeiro
traballo discográfico “Electrolírica”. O concerto comezará ás 22:30 horas e
terá como escenario un lugar de tanta beleza como é a Ponte Maceira.
Xan
Solo´s participa este venres, 17 de xuño, ás 22:30 horas, nas Noites en Vela da
Ponte Maceira. Trátase dunha serie de concertos organizados polos Concellos de
Ames e Negreira co fin de amenizar as noites deste máxico lugar polo que
discorre o río Tambre. Xan Solo´s naceu da unión do cantautor, actor e poeta
Xan Solo coa pianista e creadora de melodías Cristina Morquillas.
“Electrolírica” é o seu primeiro traballo discográfico xuntos.
A
programación desta iniciativa continúa o venres, 15 de xullo, ás 22:00 horas,
cun concerto do grupo amesán das Maianas e coa actuación de Xabier Díaz. O
coñecido músico e compositor coruñés ofrecerá unha masterclass e máis un
concerto neste lugar. A programación musical rematará o venres, 19 de de
agosto, ás 22:00 horas, cunha actuación de música clásica a cargo do Cuarteto
Tetpamop.
O
concelleiro de Educación e Cultura de Ames, David Santomil, explica que “as Noites
en vela na Ponte Maceira é un iniciativa que se puxo en marcha a finais de
agosto de 2015 e, que debido a boa resposta que tivo por parte da veciñanza, se
volve a repetir este ano cun cartel de actuacións máis ambiciosos”.
A
través deste evento musical trátase de valorizar o entorno da Ponte Maceira.
Durante os concertos apágase o alumeado público e acéndense centos de pequenas velas
que se lle dan un encanto especial a este lugar que xa conta cunha beleza
singular. O lugar no que se ofrecen os concertos é o entorno da Ponte Vella, a
ponte romana que divide os concellos de Ames e Negreira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario