Santiago, 13/6/2016 - Na mañá de onte, domingo 12 de xuño, as categorías base do Hóckey Galego celebraron a súa festa de despedida.
Nesta festa o benxamín do Hóckey Club Raxoi recolleu a súa medalla de bronce.
Tamén tiveron medalla as peques e peques do micro.
Sumouse á nosa festa a nosa ex-adestradora” e ex-xogadora, pero sempre membro do noso Club, Laura, xa que foi como xogadora do Hóckey Club Liceo a recoller as medallas como campioa de Liga e Copa Federación, parabéns.
Acompañounos na recollida José Juan Fernández, representante do grupo Proinsa, grupo que nos patrocina ao través da súa marca de mexillóns Lorbe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario