Ames, 15/6/2016 - Distintos grupos da oposición do concello de Ames lembran en sendas notas de prensa que, un ano despois das eleccións, o concello segue sen orzamentos. Ames Novo lembra que presentaron unha oferta de consenso que non foi respostada, Pacto X Ames critica duramente o plan de axuste e Ciudadanos di que non aprobará os orzamentos mentres non se desbloqueen os 10.000 euros que decidiu donar a Caritas e que corresponden aos cartos asignados a gastos do grupo municipal.Ames Novo
Na primeira semana do mes de marzo Ames Novo envioulle ao goberno o
documento “O orzamento municipal como instrumento para as políticas
de cambio” unha oferta na que Ames Novo tendía a man para impulsar
as políticas de cambio en Ames a través do orzamento. Documento que non tivo resposta a día de hoxe
por parte do goberno, dende entón tan só houbo dúas reunións con todos os
grupos do concello a un tempo; a primeira o 29 de abril no que se presentan uns
documentos iniciais e unha última o 26
de maio na que o goberno se compromete a reunirse bilateralmente cos grupos da
oposición para negociar. O día 8 de xuño o goberno reúnese con PP e PactoxAmes,
a día de hoxe non se reuniron con nós.
A responsabilidade de que Ames continúe sen
orzamento é do goberno. Un goberno sen ideas, empantanado coa procura do
equilibrio interno e de costas ás necesidades da cidadanía amesá.
O documento orzamentario que se nos presentou
é un documento contable, no que non figuran as propostas que indiquen por onde
van as liñas políticas do novo goberno. Inacción política que queda reflectida
contablemente como “outros gastos” nos documentos. Por iso Ames Novo solicitou
que se indicara que proxectos tiñan asociados a esas partidas e como sempre a
calada por resposta.
Fan boa a política social do goberno de Amor.
Ulo o cambio?. Mentres as cidades
rebeldes están a a implementar partidas para políticas sociais, a concelleira
de facenda de Ames considera que se cumpren xa cos principios do Pacto
Galego Contra a Pobreza; validando así o orzamento do PP nos últimos anos.
É esta a nova política?.
Un goberno atrincherado, que se escuda en
escusas de cumprimento de normas
administrativas que recortan a capacidade dos concellos e que so deixan
á luz a incapacidade de xerar novos
recursos como si fixeron Madrid, Coruña,
Santiago ou Barcelona. A “herdanza” como escusa, vella desculpa utilizada pola
vella política. Sona ao que sempre se fixo “si se pode” na oposición “non nos
deixan” cando estamos no goberno.
Ames Novo mandou un documento coas liñas
forza para desenvolver as políticas do cambio en ames, coa oferta de apoiar uns
orzamentos de cambio real (Goberno + Ames
Novo = Maioría Absoluta). Pero o goberno prefire a porta de atrás e
aprobar os orzamentos por outras vías,
como “xunta de goberno local”. Orzamentos tardíos, xa vai alá medio ano 2016,
xa non se acorda o PSOE e Xosé Miñones cando na oposición pedían que foran en
prazo.
Xa para finalizar, destacar o inaceptable da
inexistencia de proxecto algún para a mocidade para os que tan só se recollen
“excursións”, afortunadamente a mocidade amesá vai un paso por diante do seu
goberno.
O goberno busca
apoios na dereita, Ames Novo denuncia a inexistencia dun proxecto de esquerdas
centrado nas persoas e tende de novo a
man para facer políticas de esquerda real.
Pacto X Ames
Pacto X Ames fai balance do primeiro ano de goberno tripartito, no que se renuncia á municipalización de servizos, soben impostos, esquécense do Milladoiro e do rural e a participación veciñal brilla pola súa ausencia.
Os independentes presentaron 12 mocións, 42 escritos e máis de 200 rogos e preguntas relacionadas exclusivamente con Ames e critican que o resto da oposición “perdera” o tempo en cuestións supra municipais que pouco ou nada inflúen e Ames.
Os primeiros presupostos que presenta o tripartito son decepcionantes, soben os impostos en 644.000 €, baixan os investimentos en máis de 400.000€ e o tripartito restrinxe o marxe de negociación a un escaso 6% dos presupostos. Os Servizos Sociais son continuistas e a promoción económica e turismo están atascados.
Ames 14 de xuño de 2016
No salón de plenos da casa do concello, os membros da formación independente PxA analizaron polo miúdo o primeiro ano de goberno tripartito e os orzamentos para o ano 2016. Na comparecencia estiveron os edís Dolores Fernández Álvarez, María González Gómez e Ramón García Argibay, acompañados polos membros do comité executivo, José Manuel Barreiro, Chema Sueiras e Manuel Ferreiro.
Ramón Gª Argibay fixo un pequeno resumo sobre as iniciativas presentadas polo seu grupo así como a intención de seguir facendo unha oposición en positivo, presentando achegas e axudando a sacar temas que son vitais para o concello.
A modo de resumo destacou as 12 mocións presentadas os 42 escritos rexistrados e os máis de 200 rogos e preguntas. “Pacto X Ames foi o único grupo que presentou propostas relacionadas exclusivamente co noso concello ao contrario do que fixeron o resto dos grupos municipais que se perderon en temas supra municipais”. As mocións foron relativas a:
1. Mantemento e vixilancia do Pol. Novo Milladoiro
2. Conservación do Patrimonio Arqueolóxico
3. Accións formativas para obtención do carné de fitosanitarios
4. Conmemoración do 400 aniversario da morte de Cervantes
5. Edar do Souto, Sisalde e río Sar
6. Transporte Metropolitano (case 120.000 € de achega) (horarios) (Mobilidade reducida)
7. Seguridade viaria (Feiraco, Sinalización)
8. Concentración parcelaria de Biduído-Bugallido (títulos almacenados)
9. Problemática do tráfico no Milladoiro
10. Cuartel Policía Nacional e Garda Civil
11. Inclusión de Ames no Organismo Área de Santiago (promoción económica e turismo).
12. Implantación de espazos Cardio Protexidos (disfibriladores)
María González destacou que “dos 22,7 millóns de euros, soamente se destine o 0,6% á promoción económica sendo o 0,3% correspondente ao obradoiro de emprego”. En canto á políticas de xuventude, recordou que “non hai unha programación estable e axeitada a un concello coas características de Ames, que soamente se realizan algunha actividade puntual” e acusou ao tripartito de falta de transparencia, xa que “á concelleira de Xuventude non fixo pública a súa axenda en todo o ano”.
En canto á igualdade, María González destacou que “xa está vencido o plan de igualdade e que toca afrontar este tema dende unha perspectiva distinta ao que se entende pola igualdade de homes e mulleres, debendo ser máis ambiciosos nos obxectivos”.
Dolores Fernández álvarez destacou o “continuismo dos servizos sociais que carecen de planificación, falta de visión, de futuro e no que soamente se inviste o 3,8% dos 22,7 millóns de euros que conforman os presupostos.
En canto ao Transporte Adaptado, Dolores Fernández sinalou que “o vehículo ten máis de 13 anos, supera os 3710.000 kms, tivo 10 revisións desfavorables e visita o taller con certa frecuencia, o que provoca un funcionamento irregular”. En canto ao servizo destacou que ´”e escaso”
Para Pacto X Ames o voluntariado necesita novos programas, e realizar unha promoción axeitada, chamando o estado no que se encontra o roupeiro, tanto en instalacións como en situación, agradecendo ás persoas que son voluntarias polo seu esforzo.
Outra cuestión que chama á atención é o pouco detallado dos orzamentos nas súas partidas, omitindo temas tan importantes como a accesibilidade así como outras medidas que Pacto X Ames xa reclamara en varias mocións como a adaptación do transporte metropolitano ás persoas con mobilidade reducida ou a especial atención que debería ter este colectivo en cada apartado relacionado coas administracións públicas.
En canto ao resto da xestión do tripartito, o Voceiro de Pacto X Ames sinalou que “a municipalización non existe” xa que servizos como a limpeza viaria, o ciclo integral da auga ou os servizos de recadación están en man de empresas privadas”.
En canto ao cemiterio municipal, sinalou que “é o único que se pretende municipalizar e na súa primeira fase absorbe case o 4% dos orzamentos, seguramente terá un sobre custo o que significa que se pagará a prezo de ouro debido a fórmula elixida”. Ao fío, destacou que a xestión urbanística simplemente non existe e tan só se realizaron 9 licitacións non ano de goberno tripartito.
No análise orzamentario o voceiro de Pacto X Ames foi crítico coa posición do actual goberno xa que cando estaban na oposición censuraron duramente o plan de axuste e agora que están gobernando o seguen e defenden de principio a fin e o considera como bo a pesar de que dixera textualmente:
q DATA 18/05/2012 O PLAN DE AXUSTE DE AMES É ABUSIVO E INNECESARIOS (José Miñones, actual alcalde de Ames).
q DATA 04/11/2013 AMES É UN CONCELLO HIPOTECADO POR UN PLAN DE AXUSTE INNECESARIO APROBADO POLO PP (José Miñones, actual alcalde de Ames).
q 18/07/2012 OS ORZAMENTOS DE AMES SUPOÑEN A RENUNCIA A LOITAR CONTRA A CRISE DESE CONCELLO (BNG)
Ramón Gª Argibay destacou a este respecto que “unha cousa é predicar e outra dar trigo”, en referencia clara aos feitos deste tripartito que “estiveron dicindo na oposición e na campaña todo o contrario do que están facendo”.
En canto á presentación que fixo o tripartito dos presupostos, sinalou que o goberno “fixo unha comparativa do borrador dos orzamentos coa liquidación da conta do ano 2014, feito inaudito no municipalismos xa que non ten nada que ver unha cousa coa outra”
No análise dos orzamentos Pacto X Ames comezou dicindo que os orzamentos “non teñen nin unha coma de participación cidadá, soamente participaron na súa confección os membros do goberno e os técnicos do concello, advirte do aumento dos impostos, en especial do IBI, cuestión que se verá reflectida no próximo recibo do mes de novembro”.
Ciudadanos
Cidadáns Ames non negociará os orzamentos para 2017 mentres que o Goberno municipal non desbloquee os 10.000 euros que doou a Cáritas en 2015
Ames, martes, 14 de xuño de 2016- O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, trasladoulle ao alcalde de Ames, o socialista José M. Miñones, que “o grupo municipal de Cidadáns Ames non se sentará a negociar os orzamentos municipais para o ano que vén mentres que o goberno local non desbloquee a contía de 10.000 euros que Cidadáns doou a Cáritas o pasado ano 2015”.
Dita contía correspóndese “coa suma das cantidades ás que Cidadáns Ames renunciou o pasado ano por conceptos como a contratación de persoal e aluguer de espazos para oficinas deste grupo”.
Cidadáns Ames vén reclamando que se execute esta achega desde que o momento en que lle comunicou a Cáritas do concello a súa intención de que doalos “para que se repartisen entre as familias deste municipio que atravesan momentos malos”.
Javier López non entende que “non se teña executada esta asignación orzamentaria, cando o resto dos grupos municipais si se están beneficiando dos servizos aos que voluntariamente renunciou Cidadáns como son persoal administrativo de apoio e aluguer de despachos”. “Non é, pois, unha cuestión de falta de fondos, senón de vontade política e unha falta de sensibilidade cara os nosos veciños e veciñas que poderían beneficiarse desta axuda”, concretou Javier López.
Ningún comentario:
Publicar un comentario