Ames, 05/08/2016 - Pacto X Ames presentou esta mañá por rexistro o documento coas alegacións á RPT aprobada cos votos en solitario de PSOE-BNG-PODEMOS. Un documento no seu primeiro punto solicita a anulación completa.
Amosando publicacións coa etiqueta PACTOXAMES b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PACTOXAMES b>. Amosar todas as publicacións
Pacto X Ames e PP de Ames únense para pedir arranxos na igrexa de Biduido
Ames, 31/07/2016 - Los Grupos Municipales de Pacto por Ames y Partido Popular manifiestan su satisfacción por haber recibido el apoyo unánime del Pleno de la Corporación Municipal en su moción presentada sobre la solicitud de reparación de la carretera provincial DP-0206, en el tramo que va desde la urbanización “As Mimosas” al cementerio e Iglesia de la parroquia de Biduído.Pacto X Ames en contra da renovación das escolas deportivas a empresa EULEN
Ames, 22/07/2016 - En pouco máis de un ano de goberno o tripartito pasou de promover a reprobación da anterior concelleira de deportes, a ser o máximo valedor da empresa Eulen, a concesionaria das escolas deportivas de Ames. Ese ó o viraxe de 180 grados que o alcalde socialista, José Miñones, realizou en pouco máis de un ano de goberno.
Pacto X Ames vota en contra da Relación de Postos de Traballo
Ames, 04/07/2016 - Pacto X Ames volve a demostra que é o
único partido que coñece a realidade de Ames, por iso foi o único partido que
votou en contra da aprobación dunha RPT que está moi lonxe do que necesita o
Concello de Ames. Crea unha praza de Habilitado Nacional con un custo superior
aos 60.000 euros ao ano como é o Adxunto a Secretaría Xeral en detrimento de
dous postos da Brigada Municipal pola súa amortización. Pacto X Ames solicita información sobre o novo Centro de Saude para o Milladoiro
Ames, 22/06/2016 - Pacto X Ames acaba de solicitar mediante rexistro de entrada no concello nº 6876, información sobre a tan ansiada dotación sanitaria. No escrito solicítase copia do convenio que a Consellería e o Concello de Ames están a mencionar, xa que, entre as declaracións da Consellería e as do Goberno Tripartito hai diversas contradicións que serían necesario aclarar e que a oposición descoñecePacto X Ames reclama a convocatoria da Xunta Local de Seguridade
Ames, 21/06/2016 - Según Pacto X Ames o goberno tripartito de Ames non se está tomando en serio a seguridade a pesares das queixas reiteradas de asociacións e outros colectivos. Pasa de puntillas sobre este tema e sáltase os prazos para convocar a Xunta Local de Seguridade, xa hai máis de un mes que tiña que estar convocada para facer o seguimento tal e como está regulado. PxA leva tres anos con esta reivindicación.
A oposición de Ames critica a falta de orzamentos un ano despois
Ames, 15/6/2016 - Distintos grupos da oposición do concello de Ames lembran en sendas notas de prensa que, un ano despois das eleccións, o concello segue sen orzamentos. Ames Novo lembra que presentaron unha oferta de consenso que non foi respostada, Pacto X Ames critica duramente o plan de axuste e Ciudadanos di que non aprobará os orzamentos mentres non se desbloqueen os 10.000 euros que decidiu donar a Caritas e que corresponden aos cartos asignados a gastos do grupo municipal.PxAmes cualifica de postureo a actitude goberno tripartito por presumir dunhas obras que votaron en contra.
30/5/2016 - Que se
cumpran as propostas que Pacto X Ames presenta nos plenos, é unha virtude da
que poucos gobernos poden presumir, a cuestión que chama a atención é que o
tripartito de Ames cumpre as propostas dándolle publicidade como se foran
propias, cando en realidade non é así, si ademais censuran o punto primeiro da
proposta e logo as “venden” como novidade, entón, a virtude tórnase en postureo
impropio.
Pacto X Ames pide melloras no Polígono do MIlladoiro
26/5/2016 - Pacto x Ames rexistrou unha proposta para que se realicen os traballos de mantemento mínimos e imprescindibles no Polígono Industrial Novo Milladoiro e así, mitigar o grave estado no que se encontra. Na proposta, Pacto X Ames fai un minucioso estudio da situación dos accesos, do estado selvático dos xardíns, das áreas recreativas, sinalizacións rotas e en xeral todo o ornato público.Pacto X Ames reclama que AUDASA sinalice o Milladoiro na autoestrada AP9
24/5/2016 - Pacto X Ames, ante a pasividade do goberno tripartito, acudiu á Valedora do Pobo para pedir amparo ante as continuas negativas dun ente privado, apoiado dende un ente público, que o único que pretende é aforrar custes incumprindo a norma sobre sinalización que figura no BOE Nº 83 de 5 de abril de 2014, sen descartar máis accións.Pacto X Ames reclama a mellora do peche da escola de Covas
22/5/2016 - O peche perimetral da Escola Unitaria de Covas é un perigo para os nenos e nenas que a diario utilizan ás instalacións.
Pacto X Ames retoma a petición dunha comisaria
Pacto por Ames retomará a iniciativa da Comisaría da Policía Nacional en vista de que o tripartito e a Delegación do Goberno seguen ninguneando aos máis de 70.000 veciños afectados coas promesas incumpridas unha vez máis.
Pacto X Ames denuncia o mal estado das fontes do concello
Indignación e enfado dos veciños porque unha boa parte das fontes do concello de Ames apareceron coa sinal de “auga sen garantía sanitaria” causando alarma e preocupación. Non hai constancia de que se fixeran análises.
O concello non comunicou a ninguén esta actuación e fontes moi frecuentadas para a recollida de auga para beber como a de Castrigo, O Pedregal ou Bentín, entre outras, teñen este cartel.
Pacto X Ames pide ampliar a ficha patrimonial do PXOM
Pacto X Ames presenta unha moción para que o goberno tripartito modifique a actual Ficha Patrimonial do PXOM co obxecto de incluír ás localizacións exactas de varios conxuntos arqueolóxicos e xacementos.
Na mesma moción, instase tamén a Dirección Xeral de Patrimonio a creación dunha área Arqueolóxica de Interese Socio-Cultural para acadar unha protección axeitada, unha ruta permanente e unha identificación e sinalización axeitada así como a colaboración do concello de Compostela.
Pacto X Ames quere que o concello ofreza cursos sobre fitosanitarios
Pacto X Ames presenta unha moción para poñer en marcha o antes posible unha oferta formativa seria e con amplitude de horarios para a obtención da capacitación Básica e Cualificado do tratamento de fitosanitarios.
Pacto X Ames da a súa versión da subvención perdida polo concello
Ante as sorprendentes e malintencionadas manifestacións do novo portavoz do PP de Ames declinando a responsabilidade do PP pola perda da subvención do plan Avanza intentando endosarlle a responsabilidade ao voceiro de Pacto X Ames Ramón Gª Argibay, queremos deixar claro o seguinte:
1. Dende o cese asinado por Santiago Amor o 22 de xaneiro 2013, ata o 28 de febreiro de 2013 (data máxima para a presentación da factura en prazo) pasaron 30 días, tempo máis que suficiente para realizar o pago sabendo que os traballos estaban rematados xa que non hai ningún informe que acredite o contrario.
2. A data da rexistro da factura presentada pola empresa adxudicataria en procedemento aberto publicado no BOP Nº 125 de 3 de xullo de 2012 foi o 2 de xaneiro de 2013.
3. A decisión do cese de Ramón Gª Argibay foitomada poloalcalde do PP Santiago Amor o día 22 de Xaneiro, cuestión da que é o ÚNICO RESPONSABLE.
4. O 30 de xaneiro, 8 días despois do cese, o daquela alcalde de Ames Santiago Amor firmaba o decreto para reasignar as áreas de goberno pasando a área de Informática e Reforma Administrativa a sercompetencia do propio Santiago Amor.
5. O prazo para o pago da factura a empresa IECISA polos traballos realizados rematou o 28 de febreiro de 2013. E dicir, 28 días despois de que Santiago Amor asumira as competencias nesta área.
6. Naquelas datas, o actual voceiro do PP, Alberto Piñeiro, erapersoa de máxima confianza de Santiago Amor, responsable do Gabinete da Alcaldía e polo tanto, estaba, ou debería estar ao corrente deste cuestión, salvo que tamén practicara a deixación de funcións.
7. O procedemento desenvolvido cando tiña responsabilidades de goberno Ramón Gª Argibay do Plan Avanza, é impecable dende o principio ao fin xa que:
a. Foi adxudicado nun procedemento aberto, coa máxima transparencia e coa máxima publicidade tal e como demostra o Boletín Oficial da Provincia nº 125 de 2 de xullo de 2012.
b. Ata o 22 de xaneiro, data do cese de Ramón Gª Argibay como responsable deste departamento, todos os procedementos se desenvolveron de forma escrupulosa porque se era perfectamente consciente de que había que cumprir uns prazos, cuestión esta sobradamente coñecida tamén polo ex alcalde popular.
En conclusión, as malas intencións do actual voceiro do PP Alberto Piñeiro, persoa de confianza de Santiago Amor e noutra hora responsable do gabinete da alcaldía, quedan de manifesto.
O actual voceiro do PP de Ames segue traballando ao ditado do que sigue sendo Presidente do PP de Ames, Santiago Amor, que bateu todos os records negativos na xestión dun concello e como consecuencia, segue practicando as malas artes políticas en vez de intentar dar carpetazo ao que posiblemente foi a peor etapa na historia do PP de Ames e do noso concello.
A realidade é que o ex alcalde do PP de Ames ten máis que demostrada a súa irresponsabilidade, incompetencia, e a súa falla de traballo e dedicaciónao concello, motivo polo que están pasando estas e outras cousas.
Por moito que se empeñe o “novo” PP de Ames, o tempo está poñendo ás claras esa falla de aptitude e actitude que motivou todas estas cuestións. Os daquela considerados concelleiros “díscolos” demostraron que non estiveron pola labor de ser cómplices da situación de inoperancia e deixación de funcións na que Santiago Amor estaba sumindo ao Concello. Esperemos que o actual voceiro do PP sexa capaz de soltar amarras do barco á deriva do actual Presidente do PP de Ames Santiago Amor, do contrario, mal comezo.
Pacto X Ames denuncia un verquido no entorno do Pedregal e acusa ao concello de ser o responsable
Pacto x Ames esixirá por escrito e no vindeiro pleno do día 31 responsabilidades ao goberno de Ames por tinguir de azul o entorno do pedregal e non facer un mínimo control das actuacións que se fan nas propias instalacións deportivas do concello.
O vertido ven motivado por unha actuación que se está a realizar na pista de tenis da zona deportiva de Bertamiráns, onde tamén está o pavillón, a piscina e o campo de fútbol.
Como se pode apreciar nas fotografías tomadas no dia de onte e hoxe (21 e 22 de marzo) pódese apreciar o regueiro dunha sustancia azul que foi a desembocar ao río do Pedregal.
PxA considera lamentable a pouca sensibilidade do tripartito polo medio ambiente ao non poñer os medios preventivos para evitar esta contaminación que se leva facendo al menos, dende hai 3 días.
Pacto X Ames pedirá responsabilidades ao Alcalde como responsable da delegación de deportes no próximo pleno e esixirá unha investigación a fondo sobre este vertido continuado para que se tomen as medidas legais oportunas e para dirimir responsabilidades a este atentado ecolóxico nunha zona especialmente sensible como é o Pedregal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



