BNG AMES . PETICION REUNION PORTAVOCES
O BNG quere unha reunión dos portavoces municipais para buscar alternativas ao novo Colexio do Milladoiro.
Ames. 12 de novembro de 2010. O Portavoz Municipal do BNG, Xosé M. Fernández, ven de remitir unha escrito ao alcalde, Carlos Fernández, para que convoque unha reunión de Portavoces Municipais, co obxectivo de buscar unha alternativa urbanística para a construción do novo Colexio de O Milladoiro.
No mes de febreiro do presente ano, a Consellaria de Educación remitiu un escrito ao concello confirmando a sú dispoñiblidade a construir un novo colexio de infantil e primaria no Milladoiro.
A parcela solicitada pola Consellaria é de 12.150 m2, e a parcela ofertada polo Goberno Municipal de 8.000 m2.
Nunha reunión posterior celebrada no Milladoiro con todas as entidades civicas deste núcleo, o alcalde mencionou a existencia polos mesno de tres alternativas urbanística para esta equipamente, e comprometeuse a convocar aos tres grupos municipais para falar delas. A dia de hoxe esa reunión non se celebrou.
A comunidade escolar e os veciños do Milladoiro están fondamente alarmados porque os meses avanzan e non se dan pasos concretos para materializar este centro escolar tan necesario. Ademais da saturación actual do Cep de Ventin, hai que ter en conta que 25 alumnos de educación infantil non teñen praza para o proximo curso nos centros escolares de O Milladoiro.
Por outra parte, A Xunta de Galiza non incorporou nengunha partida económica nos orzamentos autonómicos de 2011.
O BNG critica que tanto a Xunta e o Goberno Municipal socialista estean tirandose a pelota un a outro sen darlle unha solución a este problema, e xogando coa carencias escolares dos veciños do Milladoiro.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario