En relación coa situación de bloqueo/paralización do nomeamento de Secretario de Silleda, pedido polos Alcaldes de Aroche (municipio destino), Silleda e o Secretario, facemos publico o seguinte:
1ª. ADMISION A TRAMITE DE CONTENCIOSO CONTRA A NEGATIVA DO DIR. XERAL A FACER O NOMEAMENTO EN DATA 1 DE ABRIL. PO 165/2016 TSXG.01
O Tribunal Superior Xustiza de Galicia admite a trámite o recurso contencioso-administrativo –que se interpuxo logo de estar 2 meses esperando- contra a paralización do nomeamento do Secretario de Silleda por parte do Director Xeral Admnón Local interesado o 1 de Abril –deixando sen efecto, por certo, a pretendida “paralización da Fiscalía” que sostivo o Director- destacando a rapidez da medida, xa que foi rexistrado o luns a última hora.
2º.- Novo contencioso (Nomeamento pedido o 3 de Xuño).
Se interporá un novo contencioso contra a petición, por 2ª vez, dese nomeamento en data 3 de Xuño. Incomprensiblemente tampouco foi tramitado, nen sequera se dignou emitir una notificación por escrito, a pesares de que se lle pediu expresamente.
3º .- Prexuízo incomprensible.
Para este Alcalde, que o Concello de Silleda estea a sufrir un apreciable deterioro do seu funcionamento administrativo –varios expedientes paralizados, remisión PXOM, embargo Campomarzo, tramitación da bonificación ao sector agropecuario, por ex.- desborda a lóxica comprensión. Este Auto debería supor unha rectificación -senón do Director Xeral, vista a súa incomprensible obcecación-, doutras instancias superiores para rematar co dano que se está a causar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario