Amosando publicacións coa etiqueta SANTIAGO FUTSAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SANTIAGO FUTSAL. Amosar todas as publicacións

O equipo feminino Santiago Futsal A Gaiola competirá en Liga Galega

Santiago, 26/08/2016 - O comezo de curso deportivo está cada vez máis preto para os equipos do Santiago Futsal. Novo curso e novos retos, algo que afronta con moitas ganas o equipo feminino do Santiago Futsal, que a próxima campaña participará en Liga Galega por primeira vez na súa historia. 

Santiago Futsal e Area Central presentan ‘Área Futsal’

Santiago, 24/08/2016 - Santiago Futsal e Area Central organizan o primeiro torneo e campus unificado do fútbol sala en Santiago de Compostela. Unha semana para que, tanto nenos como maiores, podan gozar dun dos deportes máis reclamados da cidade nun escenario privilexiado como son as instalacións do Centro Comercial Area Central, antes do comezo de curso.

Presentación das Escolas Santiago Futsal na Federación Xaponesa de Fútbol

Santiago, 13/07/2016 - Un pasiño máis para as Escolas Santiago Futsal Talent Proyect, que ademais de sumar un gran número de participantes aos seus diversos campus e clínics formativos, foron presentadas como proxecto deportivo ante os comisarios da Federación Xaponesa de Fútbol.

Santiago Futsal A Gaiola participou no 1er Encontro Ibérico en Portugal

Santiago, 07/07/2016 - O Santiago Futsal A Gaiola viaxou por 2ª vez a Portugal para participar no 1er Encontro Ibérico, que serviu de presentación do novo equipo de fútbol sala feminino Scp-Núcleo de Condeixa, organizador do evento, en colaboración co goberno local da localidade de Mira.

Inesquecible experiencia dos cativos do Santiago Futsal no torneo Peñíscola Adventure Futsal

Santiago, 05/07/2016 - Fin de tempada para a expedición celeste que, desde o pasado xoves, participou na I Edición do Torneo Peñíscola Adventure Futsal. Catro equipos das categorías benxamín, alevín e infantil gozaron da experiencia de xogar un dos torneos máis destacados do verán, contra equipos de todo o territorio peninsular.

O Santiago Futsal pechou a tempada con monólogos

Santiago, 27/06/2016 -  o Santiago Futsal baixou o pano da primeira parte da súa campaña de abonados #EstamosDeCampaña no mellor escenario posible. O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu a Gala de Monólogos Peche De Campaña do club celeste, un evento que contou coa participación de cinco dos mellores humoristas galegos: Javier Veiga, Pepo Suevos, Marcos Pereiro, David Amor e Fede Pérez, este último mestre de cerimonias, presentador da Gala, e que sorprendeu aos asistentes coa súa vestimenta deportiva: medias de deporte, pantalón curto e camiseta do Santiago Futsal.

A base do Santiago Futsal participará no Peñíscola Adventure Futsal

Santiago, 23/06/2016 - A base do Santiago Futsal poñerá o punto final á tempada coa súa participación na primeira edición do Torneo Adventure Futsal que se celebrará en Peñíscola os días 30, 1, 2 e 3 de Xullo.

A familia do Santiago Futsal celebrou unha comida de final de tempada

Santiago, 21/06/2016 - O Santiago Futsal celebrou unha comida de final de tempada o pasado sábado coincidindo co fin do curso futsalero para os equipos da canteira celeste.

O técnico do Santiago Futsal, Santi Valladares, será galardoado na Gala do Fútbol Galego

Santiago, 16/06/2016 - Con ocasión da Gala do Fútbol Galego que se celebrará hoxe, Xoves 16 de Xuño ás 20.30h no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, o presidente da Federación Galega de Fútbol, D. Rafael Louzán outorgará a distinción ‘Premio Todo Unha Vida’ na categoría de adestrador de fútbol sala ao técnico do Santiago Futsal, Santiago Valladares. 

Gran peche de campaña do Santiago Futsal cunha gala de monólogos

 Santiago, 15/6/2016 - Se o pasado venres día 10 de Xuño o Santiago Futsal poñía en marcha a súa campaña de abonados co candidato Federico Pérez “Fede” como cabeza de lista, hoxe coñecemos a data final desta primeira fase da campaña que, como non podía ser doutra maneira, concluirá cun gran acto de peche.

XII Campus de Verán do Santiago Futsal

Santiago, 14/6/2016 - Entramos na derradeira semana de prazo para inscribirse no XII Campus de Verán do Santiago Futsal. Esta XII edición inclúe varias novidades, entre a que destacan o servizo de gardería e o intercambio de actividades co campus do Real Aeroclub de Santiago de Compostela.

XII Campus de Verán do Santiago Futsal

Santiago, 9/6/2016 - Santiago Futsal pon en marcha o prazo de inscrición no Campus de Verán. Esta XII edición inclúe varias novidades, entre a que destacan o servizo de gardería e o intercambio de actividades co campus do Real Aeroclub de Santiago de Compostela.

Santiago Futsal A Gaiola acada o subtítulo de Copa

7/6/2016 - Santiago Futsal A Gaiola disputou o sábado no pavillón de Corcubión a Final Four pola Copa de Liga Provincial. Unha única xornada na que as semifinais se disputaban pola mañá e a ansiada final ás 18h.

Santi Valladares repetirá experiencia en Xapón coas Escolas Santiago Futsal Talent Factory

3/6/2016 - As Escolas Santiago Futsal Talent Factory seguen crecendo e o vindeiro venres 8 de Xullo dará o pistoletazo de saída ás novas xornadas técnicas que os monitores do Santiago Futsal impartirán en Xapón.

A sección feminina do Santiago Futsal chega ao final de tempada cos deberes feitos

1/6/2016 - O equipo provincial da sección feminina do club disputará este fin de semana as semifinais da Copa Provincial (12.30h, Pab.Corcubión)
O conxunto que milita en Liga Local finalizou a tempada a pasada xornada co último partido de Copa

O Santiago Futsal marcha de vacacións

31/5/2016 - Finaliza unha dura tempada nas filas do Santiago Futsal. Dura non só a nivel deportivo, plano no que o plantel cumpriu con fartura os obxectivos propostos: salvación e Copa Xunta, senón polos contratempo económicos que asolaron á entidade deportiva durante a presente campaña.

El Santiago Futsal rindió homenaje al Prensa Nacional

 29/5/2016 - Han tenido que pasar 31 años para que los jugadores del Prensa Nacional se volvieran a encontrar en la pista de juego.

O Santiago Futsal pasou polo cárcere

25/5/2016 - O equipo visitou o Centro Penal de Teixeiro e xogou un amigable contra unha selección de xogadores do centro

Santiago Futsal participa nunha xornada deportiva a favor das persoas refuxiadas

25/5/2016 - O 5 Coruña FS e o Santiago Futsal xogarán un encontro amigable mañá  xoves ás 20.30h no pavillón San Francisco Javier da Coruña

Días de moita actividade para o Santiago Futsal

21/5/2016 - Foron dous días de moita actividade para o persoal do Santiago Futsal, pero como se adoita dicir 'sarna con gusto non pica'.