Amosando publicacións coa etiqueta USC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta USC. Amosar todas as publicacións

XtraVoX e a Orquestra do Espazo de Cámara universitario, propostas culturais da USC para o mes de agosto

Santiago, 1/08/2016 - XtraVoX e a Orquestra do Espazo de Cámara da USC serán as notas musicais da actividade cultura da USC para o mes de agosto. A voces de XtraVoX serán a primeira cita o próximo 5 de agosto na Igrexa da Universidade nun concerto de entrada libre organizado pola Área de Cultura. 

O mes de xullo, entre os máis secos dos últimos 35 anos

Santiago, 31/07/2016 - O mes de xullo, a piques de rematar, incorporarase á listaxe dos máis secos dos últimos 35 anos, segundo os datos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. A precipitación total foi de 1,2 litros por metro cadrado, cantidade toda ela rexistrada na noite do día 21 ao 22, concretamente entre as 3.00 e as 5.00 horas.

Editan un libro que ensina as particularidades das enfermidades infecciosas a través da arte

Santiago, 28/07/2016 - Os libros de historia encargáronse de lembrar que os Reis Católicos tomaron Granada a finais do século XV ou que Napoleón fracasou na campaña para invadir Rusia algo máis de tres séculos despois. Posteriormente, a microbioloxía e a parasitoloxía engadiron a estes apuntamentos históricos que o tifo estivo presente en ambos acontecementos, retrasando a toma do reino andaluz, no primeiro caso, ou contribuíndo a minguar o exército francés no segundo.

As universidades de Santiago e A Coruña desenvolven o grao interuniversitario en Paisaxe

Santiago, 24/07/2016 - Os reitores das universidades de Santiago e da Coruña, Juan Viaño Rey e Julio Abalde Alonso, asinaron unha declaración de intencións para o deseño e implantación do grao en Paisaxe, primeiro de interuniversitario de Galicia logo da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior.

Debaten na USC a axenda ambiental das Administracións públicas galegas

Santiago, 20/07/2016 - O Centro de Estudos Avanzados da USC (Finca Vista Alegre, Santiago) será hoxe mércores 20 o punto de encontro de especialistas e representantes de diversas institucións para debater a axenda ambiental das Administracións públicas galegas.

Unha investigadora da USC premiada no maior congreso iberoamericano de investigación educativa

Santiago, 20/07/2016 - A doutoranda Nerea Rodríguez-Regueira acadou o premio á mellor comunicación oral pre doutoral no XVI Congreso Nacional e VII Congreso Iberoamericano de Pedagoxía (SEP), o maior encontro iberoamericano que ten lugar no ámbito da investigación educativa e que nesta edición se celebrou na Complutense de Madrid.

Comezou o encontro internacional ‘1936, ¿un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria’

Santiago, 19/07/2016 - Xusto 80 anos despois do golpe de estado do 36 e do comezo da Guerra Civil Española, o grupo de investigación Histagra organiza un congreso internacional que reúne esta semana en Santiago algúns dos mellores especialistas internacionais nese período e que pretende “construír un xuízo informado do relato herdado”, como puxo de manifesto esta mañá na inauguración o profesor da USC Lourenzo Fernández Prieto, un dos organizadores.

Pilar Bermejo, nova presidenta da Conferencia Española de Decanos e Decanas de Química

Santiago, 19/07/2016 - A profesora da USC e decana da Facultade de Química da USC acaba de ser elixida presidenta da Conferencia Española de Decanos e Decanas de Química. A decisión tomouse nunha reunión celebrada na Universidade Complutense de Madrid.

O Observatorio Astronómico da USC confirma a entrada dunha pedra cósmica na atmosfera terrestre o pasado 17 de maio


Santiago, 16/07/2016 - Descartada a re-entrada na atmosfera dun foguete ou chatarra espacial, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC acaba de confirmar que o suceso do pasado 17 de maio no que se puido observar unha potente luz no ceo acompañado de detonacións “tratouse efectivamente dun bólido diúrno”.

Analizan na USC a perspectiva de xénero na docencia universitaria

Santiago, 15/07/2016 - A IV Xornada Universitaria Galega de Xénero desenvolverase hoxe venres 15 na Facultade de Ciencias da Comunicación centrada nesta edición na práctica docente co obxectivo de impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como criterio de excelencia universitaria.

Descobren un mecanismo cerebral que abre a porta a curar a enfermidade do fígado graxo

Santiago, 13/07/2016 - Un equipo encabezado polo profesor Rubén Nogueiras acaba de descubrir en ratos un mecanismo no cerebro que axudará a curar a esteatohepatite, unha doenza inducida pola acumulación de graxa no fígado e acompañada de proceso inflamatorio.

O profesor César Domínguez, nomeado catedrático honorario da Universidade chinesa de Sichuan

Santiago, 12/07/2016 - O profesor de Literatura Comparada e titular da Cátedra Jean Monnet ‘A Cultura da integración europea’ da USC, César Domínguez, acaba de ser nomeado catedrático honorario da Universidade de Sichuan (China) polas súas achegas no ámbito da literatura comparada.

A Universidade comeza esta semana a programación de 8 novos cursos de verán

Santiago, 10/07/2016 -  Nesta semana darán comezo oito novos cursos de verán da Universidade de Santiago, a celebrar en Lugo, Compostela, Monforte de Lemos, Vilanova de Arousa, Lalín, Cervantes e Guitiriz.

Francisco Rivadulla obtén unha das 44 axudas ‘Proba de Concepto’ do Consello Europeo de Investigación

Santiago, 08/07/2016 - Francisco Rivadulla, investigador no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) acaba de ser recoñecido cunha das axudas PoC–Proof of Concept (Proba de Concepto) que concede o Consello Europeo da Investigación (European Research Council - ERC). Dotadas con 150.000 euros, a misión principal destas axudas é contribuír a salvar a brecha entre a investigación básica e o mercado, servindo de impulso nas primeiras fases de comercialización dun produto innovador.

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC anima a participar nun encontro musical en agosto

Santiago, 08/07/2016 - Entre os días 7 e 13 de agosto a Área de Cultura da Universidade de Santiago ofrece a estudantes de música de Galicia ou de fóra a posibilidade de participar nun proxecto educativo da Orquestra do Espazo de Cámara da USC que consiste nun encontro orquestral, con ensaios e concertos, con profesores e profesoras das máis recoñecidas entidades e orquestras de Galicia.

Yuzz Santiago premia cun viaxe a Silicon Valley un software para deseñar eventos de fogos artificiais

Santiago, 07/07/2016 - O emprendedor David Sánchez viaxará coa iniciativa Yuzz a Sillicon Valley ao ser elixido o seu proxecto Pyrkaia Firing System, de creación, deseño e xestión de espectáculos de pirotecnia, como o mellor do centro YUZZ Santiago de Compostela, no que traballaron durante cinco meses 25 emprendedores –seleccionados de entre máis de 70 solicitantes– para converter as súas ideas empresariais en proxectos. 

O Consello de Goberno da USC aproba a creación de catro prazas de promoción interna ao corpo de catedráticos

Santiago, 06/07/2016 - O Consello de Goberno da USC aprobou unha Oferta Pública de Emprego (OPE) de promoción interna ao corpo de catedráticos de Universidade que contempla para este ano 2016 un total de 4 prazas. A fórmula dunha OPE de promoción interna vén motivada pola modificación do artigo 62 da lei Orgánica de Universidades de 2007 a través do Real Decreto-lei 10/2015 que abre a posibilidade de que esta promoción non consuma taxa de reposición.

María José López Couso toma posesión como decana da Facultade de Filoloxía

Santiago, 05/07/2016 - A profesora María José López Couso tomará posesión como decana da Facultade de Filoloxía da USC hoxe martes 5 ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. O acto estará presidido polo reitor Juan Viaño.

A USC comeza os Campus Científicos para estudantes de Bacharelato e Secundaria

 Santiago, 4/07/2016 - Un ano máis a USC acollerá a partir do próximo luns 4 os Campus Científicos de Verán 2016, programa que conta coa colaboración de dezaseis universidades pertencentes aos Campus de Excelencia Internacional  seleccionados polo Ministerio de Educación e Cultura e Deporte conforme á valoración realizada polos mellores proxectos de achegamento científico presentados.

O alumnado coas mellores cualificacións nas Probas de Acceso á Universidade recibe o recoñecemento da USC


Santiago, 04/07/2016 - Preto de 1.500 persoas, entre alumnado, familiares e representantes de centros escolares de toda Galicia, asistiron este xoves 30 ao acto de recoñecemento que a USC organizou para 604 estudantes que acadaron as cualificacións máis altas, de nove ou máis, na parte xeral das Probas de Acceso á Universidade (PAU) na convocatoria de xuño. “Probablemente este sexa o lugar que concentre a maior cantidade de talento e de esforzo de toda Galicia e iso é algo sumamente reconfortante” afirmou o reitor dando á benvida á sesión.